Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a importancia do deporte como ferramenta de transformación social
A Escola Galega de Administración Pública organiza a primeira edición do curso superior de Deporte, Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), cunha duración de 25 horas lectivas
A Xunta inviste máis de 62.000 nos clubs deportivos do Baixo Miño
O delegado territorial visitou o Club Kayak Tudense que foi un dos grandes beneficiados destas axudas
Ana Ortiz destaca o “éxito rotundo” do novo módulo deportivo do Ifevi no que 9.600 escolares practicaron actividades no seu primeiro ano de funcionamento
A delegada territorial da Xunta visitou este martes as instalacións do Pavillón 5 do recinto feiral, que supuxo un investimento de preto de 9 millóns de euros
A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como referente do estado pola súa eficacia, solvencia e carácter pioneiro
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos profesionais da avogacía e a procuradoría
A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240 prazas
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maio
A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal da terminal de Peinador
A Xunta activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Goberno central que promove a obra na pista de Peinador
A Xunta celebra que o Campionato Mundial de Motocross recale en Galicia esta fin de semana con máis dun cento de pilotos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX e a cuarta da MX125, que se disputará no circuíto municipal Jorge Prado de Lugo