Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.356 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/06/2024 | 17:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a revisar a achega do Goberno galego ao financiamento do Servizo de Axuda ao Fogar

O Goberno galego lembra que, pese a ser unha competencia municipal, a Xunta xa vén incrementando de maneira progresiva as achegas ao SAF e denuncia que o Executivo estatal está a incumprir as súas obrigas cos concellos en materia de dependencia

10/06/2024 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra

O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto cos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra na coordinación do operativo que abarcou os municipios de Valga, Pontecesures, A Estrada e Padrón

10/06/2024 | 11:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía en 350.000 euros a orde de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados de emisións cero ou ECO

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación, que se suma aos 500.000 euros da orde do pasado novembro cuxo crédito xa se esgotou

08/06/2024 | 13:35 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca ao porteiro rosaleiro Javi Díaz como “parte indivisible da historia do balonmán galego”

Sinálao como un exemplo para todos os galegos e galegas, xa que para competir ao máximo nivel ata os 49 anos é preciso “manter un estilo de vida activo e saudable con moitos esforzos e sacrificios”

08/06/2024 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz felicita a Carlos Remeseiro polo seu título mundial de culturismo

O deportista e traballador da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo foi recibido pola representante autonómica

07/06/2024 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo resalta o nivel do fútbol galego no terceiro Congreso internacional dedicado a adestradores deste deporte

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración de ‘O Camiño do Futgal’, onde puxo en valor as 100.000 licenzas da Real Federación Galega de Fútbol, das que o 10% son de mulleres, así como as máis de 5.500 de adestradores 

07/06/2024 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda na comisión de recursos naturais os avances na previsión e loita contra incendios forestais

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu en Lousã, no distrito de Coimbra, ao encontro ‘Paisaxes naturais e desenvolvemento sostible’