Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 120 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

30/08/2023 | 16:19 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a importancia dos hábitos saudables para combater os obstáculos de calquera enfermidade na presentación da Gladiator Race

A carreira contará con máis de 6 quilómetros e 30 obstáculos e xa conta con o aforo completo para os adultos -1.200 inscritos- e máis de 200 rapaces e rapazas que participarán na Gladiator Kids. A organización doará un euro de cada inscrito á investigación da enfermidade de Dent

20/08/2023 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Diego Calvo destaca a relevancia de Galicia no automobilismo con probas como o Rally de Ferrol

O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe na cerimonia de entrega de premios da 54ª edición da competición organizada pola Escudaría Automobilística Ferrol

21/07/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Publicada a relación de deportistas galegos de alto nivel que xa supera os mil recoñecidos, así como a lista das solicitudes admitidas para as axudas de 2023

O alto nivel de Galicia acada números históricos en todas as súas categorías e xa prepara as axudas de 2023

20/07/2023 | 15:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda avanza que o proxecto da Factoría do deporte galego-Galicia Sports 360 xa dispón da aprobación inicial como Proxecto de Interese Autonómico

Explica que o Consello da Xunta autorizou hoxe esta declaración en tanto esta é unha iniciativa “relevante” e que transcende o ámbito municipal

13/07/2023 | 14:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa comina ao deporte nacional a aproveitar do mellor xeito posible o Plan de Fomento do sector do deporte

O titular da Secretaría Xeral para o Deporte despediu aos compañeiros que cesan nas súas ocupacións “nesta difícil lexislatura” e asegurou que, a pesar das diferencias, “o deporte une moito máis que separa”

18/06/2023 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Preto dun centenar de participantes formáronse sobre inclusión grazas ás xornadas da Escola Galega do Deporte

Durante as xornadas establecéronse sinerxías entre as 45 federacións deportivas galegas asistentes de cara a seguir avanzando no que ao deporte inclusivo se refire co fin de ampliar a oferta deportiva de Galicia para o colectivo de discapacidade garantindo a súa inclusión

17/06/2023 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o campionato de España de J70 da Toxa como un dos maiores eventos da vela nacional

Remarca a participación do ourensán Luis Pérez Canal, campión de Europa de J70 en 2019 co Abril Verde, e do vigués Luis Bugallo, campión do mundo de J70 en 2018 co Marnatura, ambos os dous na clase Corinthian

13/06/2023 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
06/06/2023 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia xa suma 866 deportistas recoñecidos dos que o 82 % son deportistas galegos de alto nivel

Entre estes nomeamentos destacan novos deportistas galegos de alto nivel como Jorge Candán e María del Pilar Barros, campións do Mundo de vídeo submarino; Noel Domínguez en piragüismo; Adrián Mosquera en piragüismo (paracanoe); Estrella López Sheriff en judo; Ferenc Szabo como adestrador de halterofilia; ou Nico Rodríguez que se suma á lista de deportistas galegos de alto nivel vitalicios

31/05/2023 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a preeminencia e o carácter pioneiro do Rallye de Ourense que encabeza as dez probas galegas nos calendarios nacionais de automobilismo

O secretario xeral para o Deporte participou na presentación da 56ª edición que este ano pasará polos concellos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Amoeiro, Maside, Irixo, Boborás, Barbadás, A Merca, Celanova , Cartelle, Toén e, por suposto, Ourense do 16 ao 17 de xuño