Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia o campionato do mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana en epicentro mundial da motonáutica
O secretario xeral para o Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas de primeiro nivel en todo tipo de disciplinas
Lete Lasa destaca ao Froiz como o mellor equipo elite Sub23 da historia e asegura que en 2024 volverá aos primeiros postos do ranking
O secretario xeral para o Deporte destaca a “resiliencia, superación, esforzo e traballo” do Froiz que soubo levantarse dunha primeira derrota en 1998 para acabar sendo referente no ciclismo masculino, feminino e tamén no adaptado
Lete Lasa destaca a importancia da clásica nacional de BTT A Gran Bikedada nun dos mellores momentos da historia do ciclismo galego
O secretario xeral recoñece a dureza da proba asegurando que ‘A Gran Bikedada’ “é para todos, pero non é para calquera” e destaca as catro distancias diferentes, así como a novidade de competir na subida de tres picos, o que será a ‘Tripla Coroa’
Lete Lasa anima aos 34 deportistas galegos que se darán cita no Campionato de España de Billar a Tres Bandas de Padrón
O billar galego conta con 2.361 licenzas das que o 41 % (963) son femininas
Lete visita As Neves e Crecente para supervisar as obras das súas infraestruturas municipais que se están a realizar grazas a orde de axudas da Xunta
No Concello das Neves estase a executar un novo vestiario e zona polivalente no estadio Pepe Capón cun orzamento total de máis de 65.000 euros dos que a Xunta achega o 80%
A Xunta inaugura as obras de remodelación do pavillón Agra II no que adestran clubs, entidades deportivas e centros educativos da cidade coruñesa
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor o potencial do tecido deportivo coruñés que contará cun espazo renovado
A Xunta destina 50.000 € á renovación integral dos vestiarios do pavillón de Pontecesures
O investimento fai parte da liña de axudas que está a financiar melloras en infraestruturas e compra de material deportivo en preto de 40 concellos da provincia