Actualidade
Buscador de novas
Miranda traslada o apoio da Xunta aos retornados a través de novas accións acordadas nunha reunión con Fevega en Ourense
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recolleu as principais problemáticas ás que se enfronta esta colectividade como poden ser é a vivenda ou a homologación de títulos
Miranda traslada aos empresarios a oportunidade que supón para a competitividade de Galicia o retorno de profesionais de alta cualificación a través da Estratexia Galicia Retorna
O secretario xeral da Emigración clausurou o Foro Retorno Emprego organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo para coñecer, da man da Fundación Nortempo, o programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta de Galicia
Rueda garante o apoio da Xunta ás galegas e galegos no exterior que decidan voltar a Galicia marcando como obxectivo 30.000 persoas retornadas en 2026
Sitúa a Galicia como pioneira na posta en marcha de medidas para facilitar o retorno e salienta o papel da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026
A Xunta de Galicia recoñecerá no consello de comunidades galegas o labor de 19 entidades do exterior con máis dun século de vida
Representantes de 80 entidades galegas do exterior daranse cita a partir de mañá, xoves, en Ourense, para a celebración do XIII pleno deste órgano
Galicia comparte coa Rioxa unha xornada de traballo para afondar nas políticas de retorno
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o subdirector xeral de Cooperación Internacional e Centros no Exterior do Goberno da Rioxa, Rodrigo Carlo Teijeiro Fussi, presidiron hoxe un encontro no que se puxeron sobre a mesa experiencias comúns neste ámbito acordándose a posta en marcha de futuras accións conxuntas no exterior
Emigración aposta por potenciar o eido de información laboral e fiscal básica na oficina integral de retorno en Ourense
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a sede situada na rúa Concello da cidade das Burgas onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación dos técnicos destinados a apoiar aos galegos do exterior nos eidos laboral, social e xurídico na súa volta a Galicia, que contará, ademais, como no resto de Galicia dende agora con asesoramento tributario e fiscal básico