Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 168 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

22/10/2023 | 11:24 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda viaxará a Suíza e Liechtenstein para reencontrarse coa emigración galega e enxalzar a súa contribución ao mantemento das súas tradicións na diáspora

Participará a vindeira semana en actos de distintos centros e institucións que fomentan a lingua, a arte e a cultura galegas, promovendo que perduren os vínculos da poboación emigrada coa súa terra

21/10/2023 | 14:30 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o enorme talento e “valentía” dos galegos do exterior que veñen a Galicia estudar un máster grazas ás becas BEME

Salienta que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade

20/10/2023 | 15:19 | Secretaría Xeral de Emigración

Galicia comparte con Asturias as políticas de retorno que facilitan o regreso das colectividades do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora xeral de Emigración e Políticas de Retorno do Goberno do Principado de Asturias, Olaya Gómez Romano, mantiveron hoxe un encontro no que se analizaron as iniciativas postas en marcha pola Xunta nos últimos anos para apoiar a volta dos galegos do exterior

18/10/2023 | 17:14 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda enxalza a comunidade galega na diáspora como a mellor embaixadora para manter os vencellos de Galicia coas novas xeracións nacidas no exterior

Máis dun cento de persoas emigradas, maiores de 65 anos, puideron visitar os seus lugares de orixe grazas a este programa do Goberno galego

10/10/2023 | 14:20 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta achega o cine galego de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia ata as rúas de Londres

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou o ciclo Galicia é Cine que se pon en marcha da man da Fundación Araguaney e que permitirá que galegos residentes en Arxentina, Reino Unido e Venezuela, poidan coñecer as películas feitas en Galicia máis taquilleras dos últimos anos

09/10/2023 | 15:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda dá a benvida á súa terra aos galegos maiores do exterior que hoxe chegaron aos aeroportos galegos para participar no programa da Xunta “Reencontros con Galicia”

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social levarase a cabo do 9 ao 19 de outubro

06/10/2023 | 15:24 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económico e demográfico do rural galego

O secretario xeral da Emigración participou unha mesa redonda durante a xornada organizada no Consello da Cultura Galega pola Universidade da Coruña co obxectivo de analizar as políticas das diferentes administracións para a revitalización de zonas rurais pouco poboadas da Unión Europea