Actualidade
Buscador de novas
Miranda viaxa a Arxentina e Uruguai para achegar as novidades da nova estratexia Galicia retorna aos galegos residentes en ambos países
O secretario xeral da Emigración aproveitará a viaxe tamén para inaugurar unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago en Córdoba e para entregar diplomas aos galegos que participaron o ano pasado nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo
Emigración abre a convocatoria de 250 bolsas BEME de Máster en Galicia para mozos galegos residentes no exterior
O Goberno galego incrementa nunha media de 500 euros estas axudas para o próximo curso 2023/24 que permiten aos galegos universitarios do exterior realizar un máster nunha das tres universidades galegas
Miranda anuncia a publicación mañá da nova convocatoria das bolsas BEME Máster durante o encontro cos bolseiros do presente curso do campus de Santiago
O secretario xeral da Emigración analizou cos galegos universitarios do exterior que están a realizar un máster na USC grazas a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior a experiencia que están a vivir en Galicia
Emigración inviste 575.000 € ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior
A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable
Rueda avanza que a Xunta destinará 4 M€ este ano para que máis de 400 galegas e galegos no exterior regresen a Galicia cun contrato indefinido na man
Subliña que o emprego é imprescindible para o asentar poboación e que Galicia aspira a acoller a máis galegos “porque é de xustiza”
A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Vigo acompañou a máis de 2.000 familias chegadas á provincia de Pontevedra
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou que Galicia conta con cinco oficinas situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo
O Goberno galego incrementa unha media de 500 € as contías das BEME máster para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na súa sétima convocatoria
O presidente da Xunta subliña que estas axudas se inclúen na Estratexia Galicia Retorna que busca favorecer “o regreso de 30.000 galegos no exterior ata 2026”
A Xunta apoia en Ferrol a formación de dez alumnos retornados de Arxentina, Brasil e Venezuela que cursan un ciclo no CIFP Ferrolterra
Os participantes na iniciativa reciben unha bolsa de 6.500 euros para cubrir os gastos da viaxe, o aloxamento e a manutención durante este curso 2022/2023