Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

15/04/2023 | 12:48 | C. de Sanidade

Fernández-Tapias salienta o papel de Natalia Botana como “figura clave” na loita contra a pandemia

A delegada territorial da Xunta en Vigo asistiu este venres ao acto de ingreso da xefa territorial de Sanidade na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

14/04/2023 | 23:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Política Social e Igualdade
14/04/2023 | 17:08 | C. de Sanidade

Sergas e Mesa sectorial acordan abordar o vindeiro 20 de abril as condicións retributivas do persoal estatutario e MIR

Na xuntanza tamén se abordarán as gardas e a atención continuada de todo o persoal, así como as retribucións vencelladas aos factores de festividade e nocturnidade en días de especial significación (24 e 31 de decembro)

14/04/2023 | 13:24 | C. de Sanidade

ADOS e a Asociación de Estudantes de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela colaboran na celebración do Día Mundial da Saúde

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará maña sábado, 15 de abril, a Alameda de Santiago de Compostela, dentro das actividades previstas pola organización

14/04/2023 | 12:51 | C. de Sanidade

A Xunta asina convenios por un importe de 7 M€ para apoiar a entidades sociais de asistencia a pacientes con trastornos adictivos

O financiamento que a Xunta vai dedicar este ano á atención ás adiccións dende equipos multidisciplinares é de preto de 12 M€

14/04/2023 | 11:02 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade pon en valor o traballo dos profesionais no marco das XIV xornadas de vacinas da Asociación Española de Pediatría

Na cobertura da vacinación infantil, Galicia rexistra cifras próximas ao 100 % nas idades máis temperás, superando o 85 % na vacinación dos adolescentes

14/04/2023 | 10:24 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 841 casos activos por coronavirus

Un total de 693.025 pacientes xa están curados

13/04/2023 | 19:17 | C. de Sanidade

Comesaña agradece o traballo dos máis de 400 profesionais sanitarios con formación específica no manexo dos robot Da Vinci

O conselleiro de Sanidade inaugura a XII Xornada de cirurxía coloprotolóxica no Hospital Montecelo

13/04/2023 | 15:27 | C. de Sanidade

A Xunta desminte calquera cesión de tecnoloxía sanitaria do Sergas á sanidade privada

O director xeral de Asistencia Sanitaria aclarou hoxe, no Parlamento de Galicia, que o Sergas asinou en 2016 un convenio para a posta a disposición de equipos co Consorcio Oncolóxico de Galicia, un ente adscrito á Xunta con máis do 70% da titularidade pública, creado en 2008 polo goberno bipartito

13/04/2023 | 15:02 | C. de Sanidade

A nova historia clínica electrónica aproximará a relación entre profesionais e pacientes do Sergas

A última actualización do IANUS dará lugar a un sistema máis transversal, máis accesible e máis colaborativo, potenciando o contacto entre profesionais e pacientes, ademais de achegar o seu traballo á sociedade