Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

23/06/2023 | 17:13 | C. de Sanidade

Sanidade colabora no establecemento dunha rede de fontes de auga con garantía sanitaria no Camiño Inglés

A actuación centrouse en dotar o trazado dunha rede piloto formada por 28 fontes de auga con garantía sanitaria para o consumo humano, de modo que o peregrino poida encher unha cantimplora de medio litro con certa periodicidade
 

23/06/2023 | 14:58 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras durante a noite de San Xoán

A Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico e queimaduras

23/06/2023 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta confirma que as últimas análisis realizadas para a detección de norovirus en Betanzos dan negativo

A dirección xeral de Saúde Pública ven de confirmar que as analíticas realizadas nos 8 puntos, tantos nos depósitos de cabeceira como na rede de traída da auga, foron negativas en norovirus

23/06/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta destina a Asfedro preto de 60.000 euros en axudas para varios programas de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais

A entidade resultou beneficiada de dúas achegas da Consellería de Sanidade: unha de 50.000 euros para melloras de centros sanitarios e outra de 6.500 euros para programas de fomento do emprego en persoas con trastornos mentais

22/06/2023 | 20:32 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca a revolución tecnolóxica no ámbito da medicina cirúrxica galega grazas aos robot Da Vinci

Así o sinalou no acto de sesión de clausura 2022-2023 da Academia médico cirúrxica

22/06/2023 | 17:04 | C. de Sanidade

A Xunta procura no mercado solucións innovadoras para a detección precoz de cancros e enfermidades mentais

O Plan de Innovación Sanitaria do Sergas PRECISAÚDE, que hoxe presentou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tamén pretende atopar biomarcadores para os tratamentos da obesidade, sistemas de simulación para ao tratamento das paradas cardiorrespiratorias, plataformas de xestión de datos ómicos, ou novas terapias celulares avanzadas

21/06/2023 | 18:59 | C. de Sanidade

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas participa nunha Xornada Sobre a Xestión das Enfermidades Crónicas

A reunión celebrouse na sede do Colexio de Médicos de Sevilla, e está dirixida a profesionais, xestores e representantes da Administración do sector sanitario

21/06/2023 | 18:08 | C. de Sanidade

O Sergas expón en Santander as medidas adoptadas pola Xunta para cubrir as prazas de difícil cobertura

A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, participou esta mañá en Santander no XVI Encontro Interautonómico sobre protección xurídica do paciente

21/06/2023 | 12:44 | C. de Sanidade

A Xunta e o Comité cidadán antisida da Coruña colaborarán na prevención e a detección precoz da infección polo VIH e a hepatite C en zonas de ocio

Procederase á realización dun programa piloto dunha duración de seis meses, que se levará a cabo a través dunha unidade móbil (ViHxía móbil), e para o que Sanidade achegará a CASCO un total de 18.000 euros

20/06/2023 | 13:17 | C. de Sanidade

A Xunta premia o mellor vídeo de divulgación sobre ensaios clínicos na primeira edición de Reimaxina a Ciencia en Galicia

Esta primeira edición contou ca participación 1.047 alumnos e alumnas, pertencentes a 33 institutos galegos, dos que seis grupos foron seleccionados como finalistas