Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita o proxecto da obra de integración do PAC no centro de saúde de Outeiro de Rei
A obra permitirá que o Punto de Atención Continuada abandone a súa localización actual e se integre co centro de saúde a través dunha ampliación de 557 m2
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias na primeira convocatoria de folga
Desde as 00.00 horas do día 6 de xullo ata as 23.59 do 7 de xullo, 82 ambulancias rexistraron picadas nas rodas, ademais doutros actos vandálicos como pintadas ou cortes dos cintos dos vehículos
A Xunta adxudica a reforma da entrada do centro de saúde de Toén para facilitar o acceso das ambulancias
O Goberno galego adxudicou a obra por un importe total de 75.191,01 euros
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 insiste en facer unha firme condena das sabotaxes e en lembrar a necesidade dun comportamento responsable nas xornadas de folga
Desde as 00.00 horas de onte, 6 de xullo, ata as 12.00 horas da mañá de hoxe, 7 de xullo, sufriron sabotaxes con picadas nas rodas 56 ambulancias da RTSU, ademais doutros actos vandálicos como pintadas ou cortes dos cintos dos vehículos
Comesaña sinala o déficit de médicos de familia e a reforma do actual sistema de saúde pública como principais retos do Sistema Sanitario Nacional
Así o explicou no Foro sobre Innovación do Sistema Sanitario, no que responsables sanitarios autonómicos abordaron os retos do actual modelo autonómico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes contra as ambulancias da rede de transporte sanitario urxente durante a primeira xornada de folga
Como servizo esencial para a poboación, os servizos mínimos establecidos para a atención ás urxencias e ás emerxencias durante as xornadas de folga son do 100 % para toda a Comunidade Autónoma
A Xunta inicia a construción do novo centro de saúde de Moaña, cun investimento de 8,3 millóns de euros
A obra iníciase menos dun ano despois da cesión efectiva da parcela por parte do Concello de Moaña e contará cun prazo de execución de 15 meses
Os equipos de enfermaría a domicilio do sergas realizaron xa máis de 32.000 consultas
A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, fixo balance do servizo desde a súa implantación en decembro de 2022 na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego
A Xunta e o Concello de Frades investirán 48.000 euros nas reformas do centro de saúde de Ponte Carreira e do consultorio de Abellá
Conselleiro e alcalde asinaron os convenios para reformar integralmente a cuberta do centro de saúde de Ponte Carreira e executar a substitución dos toldos e a impermeabilización da cuberta no consultorio de Abellá
Comesaña destaca a capacidade investigadora de José Luis Mascareñas Cid, novo membro da Real Academia de Farmacia
O conselleiro de Sanidade salientou as contribucións do doutor Mascareñas Cid no desenvolvemento da química biolóxica