Actualidade
Buscador de novas
O Sergas publica a baremación provisional dos médicos de familia que participan no proceso de concurso de méritos
O DOG publica a baremación provisional da categoría de médico/a de familia de atención primaria e a relación definitiva de admitidos no proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos.
Galicia actualizará a abordaxe da Enfermidade Obstrutiva Crónica Pulmonar (EPOC) para reducir o seu infradiagnóstico entre as mulleres
O Sergas presenta un novo proceso asistencial integrado desta patoloxía elaborado con perspectiva de xénero ante a evidencia dun infradiagnóstico feminino 20 puntos por riba do dos homes
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes ás ambulancias da rede transporte sanitario urxente incluso á marxe das convocatorias de folga
Ás 82 ambulancias asistenciais con picadas nas rodas nas xornadas de convocatoria de folga, súmanse, desde o 8 de xullo e ata hoxe pola mañá, outros 49 vehículos con picadas nas rodas
O Servizo Galego de Saúde publica a convocatoria do concurso de méritos na categoría de persoal enfermeiro especialista en saúde mental
Convócanse 94 prazas por concurso de méritos para persoal enfermeiro especialista en saúde mental
Xunta e Universidade de Santiago avaliarán a evolución do sobrepeso na poboación galega no marco do Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030
O conselleiro de Sanidade e o reitor da USC presentaron hoxe a nova Cátedra de Vida Saudable destinada a xerar evidencia científica e investigación sobre promoción da saúde
A Xunta ofertará servizo de vídeo interpretación ás persoas xordas nas urxencias de todos os hospitais públicos de Galicia, os 365 días do ano, as 24 horas
A Consellería de Sanidade ultima os detalles dun convenio coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a creación dunha nova plataforma de comunicación destinada a atención das persoas xordas que acudan a calquera dos servizos de urxencias dos hospitais públicos de nosa comunidade
A Xunta contribúe con 140.000 euros a apoiar á asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra na asistencia a pacientes con trastornos adictivos
A entidade resultou beneficiaria dunha achega da Consellería de Sanidade de preto de 6.500 euros para financiar un programa de reinserción laboral
Sanidade e Agefec abordan o plan de atención domiciliaria do Sergas
A consellería de Sanidade acolleu unha xuntanza na que se abordaron diferentes temas vencellados a atención primaria galega
O 061 de Galicia asistiu 78 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 7 de xullo ata as 23,59 horas do domingo, 9 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 insiste en condenar firmemente as sabotaxes e na necesidade dun comportamento responsable
Á marxe da convocatoria de xornadas de folga, desde as 00.00 horas ata as 23.59 horas de onte, sábado 8 de xullo, rexistráronse sabotaxes con picadas nas rodas en 20 ambulancias asistenciais da Rede de transporte sanitario urxente