Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

21/08/2023 | 13:18 | C. de Sanidade

A Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés activa a súa nova área de esterilización do Hospital Comarcal do Salnés que duplica a superficie anterior

O investimento total da Xunta de Galicia nesta nova infraestrutura -xa cos importes finais de adxudicación, tanto de obra construtiva coma de equipamento- acada os 1,2 millóns de euros

18/08/2023 | 10:44 | C. de Sanidade

A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre en Vigo

A Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores constata a presenza do insecto na cidade olívica

17/08/2023 | 13:57 | C. de Sanidade

A Xunta investirá no CHUAC máis de 800.000 euros en equipos de dispensación de fármacos

Con este investimento dedicado a reforzar o equipamento dos centros sanitarios, adxudicáronse contratos por máis de 5 millóns de euros para equipar os espazos da fase 0 do CHUAC, que xunto cos 13 millóns de investimento suman xa 20 millóns

17/08/2023 | 12:03 | C. de Sanidade

Máis de 11.300 profesionais do Sergas poderán acceder a un novo grao de carreira profesional na convocatoria do ano 2023

O recoñecemento do complemento retributivo de carreira profesional súmase aos incrementos froito do acordo recentemente publicado e que se fai efectivo na nómina de agosto

14/08/2023 | 12:04 | C. de Sanidade

A Xunta remata a obra dos primeiros espazos da nova UCI do hospital universitario de Ourense

Este novo espazo complementarase de inmediato coa reforma do actual espazo de UCI ata chegar ás 30 camas, e acadando un investimento total de 8,2 millóns de euros

11/08/2023 | 16:08 | C. de Sanidade

O comité técnico do mosquito tigre celebra a súa primeira reunión co obxectivo de limitar a reprodución do insecto

A Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) colocará novas trampas en Moaña para delimitar a zona con presenza do mosquito tigre

11/08/2023 | 11:33 | C. de Sanidade

A Rede Galega de Praias Sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, tras incluír 10 máis

Un total de 80 municipios colaboran con este programa que reforza o respecto e coidado das praias e do medio ambiente

11/08/2023 | 11:09 | C. de Sanidade

A Xunta inviste máis de 770.000 euros na robotización da unidade de lesionados medulares do CHUAC

Esta unidade é referente na nosa Comunidade e en parte do territorio español, no que atinxe á hospitalización de agudos

10/08/2023 | 15:07 | C. de Sanidade

A Xunta reforza o rexistro galego de tumores para aumentar a información sobre a incidencia do cancro en Galicia

Dentro da Estratexia de xestión do cancro en Galicia, a Consellería de Sanidade impulsa o Rexistro Galego de Tumores (Regat) tramitando a súa regulación normativa, reforzando o seu persoal e aumentando as fontes de información

10/08/2023 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta instalará un sistema sostible de aerotermia no centro de saúde de Vilamartín de Valdeorras

O delegado territorial, Gabriel Alén, avanzou que este investimento licitado pola Consellería de Sanidade para o centro de saúde valdeorrés introducirá tamén enerxías renovables noutros 13 centros de saúde galegos