Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

13/09/2023 | 13:27 | C. de Sanidade

A nova resonancia magnética do CHUAC, adquirida pola Xunta, realiza 1.307 estudos radiolóxicos nos catro primeiros meses

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, visita o CHUAC, onde se instala o equipo, valorado en preto de 1,5 millóns de euros

13/09/2023 | 13:22 | C. de Sanidade

Sanidade e Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra inician unha campaña de información en farmacias sobre prevención e control do mosquito tigre

A subdirectora xeral de programas de control de riscos ambientais para a Saúde visita unha farmacia de Moaña cun cartel informativo sobre a campaña

12/09/2023 | 15:15 | C. de Sanidade

Os hospitais galegos precisan aumentar as reservas dos grupos sanguíneos a positivo e 0 negativo e ADOS solicita a xenerosidade da cidadanía

Os grupos sanguíneos A Positivo e 0 Negativo amosan niveis baixos, polo que é necesario reforzar o chamamento permanente á colaboración nas campañas de doazón de sangue

11/09/2023 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A delegada da Xunta destaca o labor dos profesionais sanitarios na presentación da campaña 'Ruta Enfermera'

Ana Ortiz visitou este luns no Farol de Urzaiz o tráiler que chega a Vigo por iniciativa do Consello Xeral de Enfermería para promover a saúde e poñer en valor a profesión

11/09/2023 | 10:10 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 79 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 8 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 10 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico

10/09/2023 | 10:02 | C. de Sanidade

Galicia adapta a súa normativa para seguir ampliando as prestacións ortoprotésicas

Sanidade publica no Portal de Transparencia o Proxecto de Orde que regula esta prestación, incorporando normativas de actualización estatais

09/09/2023 | 17:20 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade asiste á 29 Festa da solidariedade do Proxecto Home en Vigo remarcando a aposta da Xunta pola normalización na atención ao paciente con trastornos adictivos

Julio García Comesaña remarcou que o financiamento que a Xunta vai dedicar este ano á atención das adiccións desde equipos multidisciplinares é de preto de 12 millóns de euros, cantidade que supón un incremento do 5 % con respecto ao orzamento de 2022

09/09/2023 | 12:09 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu preto de 2.000 persoas por accidentes de tráfico ao longo do verán

Desde as 15.00 horas do venres 30 de xuño ata as 23.59 horas do 3 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 1.808 chamadas relacionadas con sinistros na estrada que xeraron 1.479 asistencias sanitarias

08/09/2023 | 13:15 | C. de Sanidade

As unidades funcionais multidisciplinares de atención á muller postas en marcha polo Sergas levan realizadas preto de 40.000 consultas

Trátase das unidades funcionais de mama, que iniciaron a súa formalización en abril de 2022; e as de solo pelviano, implantadas en novembro do pasado ano

08/09/2023 | 12:52 | C. de Sanidade

As novas unidades de prevención do suicidio postas en marcha pola Xunta atenderon xa máis de 1.500 persoas

As UPS contan con persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermería, e establecen un prazo máximo de 72 horas no caso de valorarse un alto risco