Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

23/09/2023 | 12:03 | C. de Sanidade

O Sergas, Premio á excelencia do sistema sanitario, no II Encontro nacional de Xestión, Financiamento e Accesibilidade aos novos medicamentos e terapias

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, recolleu en Valencia un galardón no que se recoñece o funcionamento do sistema sanitario público galego

22/09/2023 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta aproba o proxecto básico da reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa de Lugo, que suporá un investimento de 2,5 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa co obxectivo de licitar estas obras no mes de marzo

22/09/2023 | 11:10 | C. de Sanidade

O servizo de oncoloxía radioterápica do Meixoeiro realiza nos últimos dous anos máis de 300 braquiterapias

O conselleiro de Sanidade remarca a notable traxectoria desta unidade, que rexistra ata a actualidade máis de 57.000 solicitudes totais de tratamento: 49.057 teleterapia, 5.033 braquiterapia e 3.192 radiocirurxía
 

21/09/2023 | 19:57 | C. de Sanidade

A Coruña acolle aos máis destacados especialistas en miocardiopatía hipertrófica

O conselleiro de Sanidade sinala que esta enfermidade afecta aproximadamente a 1 de cada 500 persoas, aínda que aplicando estudos xenéticos, esta prevalenza pode ser maior e chegar a 1 de cada 250 persoas sas, “de aí a importancia dun diagnóstico precoz e o estudo dos familiares”

21/09/2023 | 19:39 | C. de Sanidade

A xerente do Sergas aborda na Real Academia de Medicina de Galicia os retos do Sistema Nacional de Saúde

Tal e como sinalou Estrella López-Pardo, os retos aos que se enfronta a sanidade son globais, e non afectan so a unha rexión ou a un país

21/09/2023 | 18:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta aproba o proxecto básico do novo centro de saúde de Boborás, que suporá un investimento estimado de máis de 1,5 M€

O novo edificio contará cunha superficie de 628,07 m2 construídos, con planta baixa onde estarán as consultas, e superior onde se localizarán os espazos para o persoal

20/09/2023 | 13:23 | C. de Sanidade

Constituída a mesa sectorial do SERGAS co proceso de estabilización de persoal en marcha

O conselleiro de Sanidade dá a benvida aos novos membros da mesa constituída por catro sindicatos

19/09/2023 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta aproba o proxecto básico do novo centro de saúde de Muíños, que prevé un investimento de preto de 975.000 euros

O novo edificio situarase na zona do núcleo de Mugueimes próxima á Casa do Concello e a todos os equipamentos do municipio
 

19/09/2023 | 13:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

O primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia, que estará ubicado en Lugo, comezará a funcionar o vindeiro mes de outubro

Rueda resalta que permitirá “dar unha segunda vida” ao barrio no que se atopaban os antigos hospitais “antes de que remate o ano”

18/09/2023 | 14:12 | C. de Sanidade

Publicado o novo decreto de sanidade mortuoria coa regulación dos enterramentos sen féretro como principal novidade

A nova norma presta especial atención ás implicacións que o dereito á liberdade relixiosa ten respecto desta materia, contendo unha regulación expresa para aqueles enterramentos que, por motivos confesionais, teñan que realizarse en contacto coa terra