Actualidade
Buscador de novas
Máis de 1200 nenos inscribíronse no programa alerta escolar do 061 ao longo do pasado curso escolar
O programa implantouse no ano 2007 para facilitar a atención inmediata e eficiente dos nenos que sofren patoloxías crónicas susceptibles de desencadear crises agudas potencialmente mortais
Rueda presenta a Estratexia de Oncoloxía de Precisión, que permitirá á sanidade pública galega avanzar na medicina personalizada e aplicar tratamentos aínda máis eficaces para cada tipo de cancro
Destaca que este plan, que comezará a implantarse en 2024, busca “poñer nome e apelidos” a cada tumor para entender “como se producen, como evolucionan e como se pode loitar contra eles”
A incorporación da intelixencia artificial á historia clínica do Sergas permitirá mellorar a detección precoz, o diagnóstico e o tratamento de enfermidades
O conselleiro de Sanidade inaugurou está tarde o curso “Smart Health Awareness”, no que se abordará a aplicación da análise masiva de datos no eido sanitario
O conselleiro de Sanidade reafirma o compromiso de colaboración da Xunta coa asociación solidariedade galega co pobo saharahuí
Desde o ano 2006, a Xunta colabora de xeito ininterrompido coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) para mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos campamentos de refuxiados en Alxeria
O Sergas aposta polos procesos de innovación e participación para a execución de accións que melloren a seguridade dos pacientes
A xerente do Sergas, Estrella López-Pard, sinala que os procesos de innovación permiten crear o ambiente de confianza e participación necesario para que os profesionais acheguen a súa experiencia e se comprometan en alcanzar os mellores resultados, promovendo unha cultura orientada á calidade e á seguridade
O SERGAS publica o nomeamento como persoal fixo de 653 aspiran-tes de 17 categorías de persoal de institucións sanitarias
Dáse por finalizado o concurso-oposición en 17 categorías de persoal de xestión e servizos e persoal sanitario co nomeamento e toma de posesión das prazas para 653 profesionais
Rueda define Galicia como unha “illa de estabilidade” e resalta que conta co calendario de vacinación máis completo do mundo
Destaca que a comunidade é pioneira en implantar medidas para afrontar o reto demográfico que agora van ser compartidas por Asturias como a gratuidade das escolas infantís ou a Estratexia Galicia Retorna
Galicia comeza a inmunizar aos bebés contra o virus respiratorio sincitial
Desde a xornada hoxe, Sanidade vacinará a todos os nenos e nenas que nazan nos hospitais galegos, e comezará a citar aos nenos prematuros -nados desde o 1 de outubro-, así como a rapazada con patoloxía de alto risco -menores de 24 meses-
O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 22 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 24 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico
As unidades de medicina nuclear e diagnóstico por imaxe do Sergas reciben o recoñecemento histórico tras 20 anos consecutivos coa certificación ISO 9001
A empresa pública de servizos sanitarios, Galaria, celebra 20 anos consecutivos coas súas certificacións ISO 9001