Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

04/10/2023 | 13:14 | C. de Sanidade

Comesaña destaca a importancia de intervencións educativas para fomentar a concienciación coa doazón e transplantes

Na exposición inaugurada no Hospital Álvaro Cunqueiro, o conselleiro de Sanidade salienta o extraordinario labor que desempeñan as asociacións de doadores ao dar visibilidade, sensibilizar e pór en valor a oportunidade de vida que ofrecen os transplantes

03/10/2023 | 18:00 | C. de Sanidade

Sanidade traballa na elaboración de ‘Código Trauma’ para optimizar os tempos de resposta e a asistencia dos pacientes con traumatismos graves

Reducirá os tempos nunha patoloxía que é tempo-dependente e implicará a todos os niveis asistenciais do sistema sanitario público galego

03/10/2023 | 14:23 | C. de Sanidade

A Xunta apoia con máis de 150.000 € a creación de dez novas prazas de docente clínico relacionadas con sete especialidades médicas

Na actual lexislatura, a Xunta apoiou a creación de 20 prazas co fin de promover a participación na docencia clínica do Grao de Medicina de profesionais das diferentes áreas sanitarias

02/10/2023 | 14:02 | C. de Sanidade

O Sergas abre este martes o prazo para a elección de hospital na área sanitaria de Vigo

Poderán solicitar o cambio de hospital os pacientes dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e de determinados centros de saúde de Vigo

30/09/2023 | 18:58 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade adapta xa os tratamentos dos pacientes psiquiátricos ao seu perfil xenético

O departamento que dirixe Julio García Comesaña está a desenvolver un sistema de detección de malestar emocional e risco de suicidio na adolescencia baseado na intelixencia artificial

30/09/2023 | 17:01 | C. de Sanidade

A Plataforma Tecnolóxica TELEA leva atendidas a preto de 8.500 persoas para o control do risco cardiovascular

O conselleiro de Sanidade remarca que na actualidade TELEA ten habilitados 26 perfís destinados ao seguimento de diferentes patoloxías

29/09/2023 | 19:30 | C. de Sanidade

A directora da ADOS salienta o labor de sensibilización social a prol da doazón da medula ósea desenvolvido pola asociación Asotrame no décimo aniversario da súa creación

A Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea conmemorou unha década de traballo coa presentación do documental “10 anos de vida”, nun acto que contou coa presenza, así mesmo, da delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros

29/09/2023 | 12:28 | C. de Sanidade
28/09/2023 | 18:21 | C. de Sanidade

Sanidade acolle unhas xornadas para profesionais e estudantes nas que se analizarán as conductas aditivas

Na inauguración, a directora xeral de Saúde Pública destacou, entre os temas a tratar, a abordaxe das adiccións comportamentais en poboación infanto-xuvenil; a profundización dos aspectos relacionados coa prevención de uso problemático das redes sociais e os videoxogos; e as características principais e formas de consumo do cánnabis

28/09/2023 | 14:47 | C. de Sanidade

A estratexia para a eliminación da hepatite C en Galicia realiza 63.000 probas desde xaneiro e detecta 83 casos de infección activa

A Dirección Xeral de Saúde Publica traballa en novas liñas de traballo para optimizar a estratexia, como é o caso do desenvolvemento de algoritmos de intelixencia artificial para definir novos patróns e perfís que permitan mellorar a detección precoz de casos ou a necesidade de levar a cabo cribados poboacionais específicos