Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

19/10/2023 | 12:54 | C. de Sanidade

O proxecto de orzamentos da Xunta para 2024 destina preto de 20 M€ a avanzar en paralelo nas dúas fases do Plan director do CHUF

O conselleiro de Sanidade visitou a área de preingreso das novas urxencias, un espazo executado na fase 1 da obra que entrará en servizo de inmediato

18/10/2023 | 17:09 | C. de Sanidade

O Sergas garantirá a percepción das retribucións variables derivadas de gardas e atención continuada nos casos de baixa por enfermidade grave oncolóxica

A medida, que entrará en vigor en 2024 e que xa existe para diversas situacións derivadas de maternidade ou paternidade, estenderase á incapacidade temporal por enfermidade común producida durante o embarazo e tamén para incapacidade derivada de procesos oncolóxicos durante o seu tratamento e restablecemento

18/10/2023 | 12:12 | C. de Sanidade

A Xunta confirma a presenza do mosquito tigre no Concello de Vilaboa

A identificación dun exemplar foille comunicada ao Concello, que se incorporará ao comité técnico para o control deste vector

17/10/2023 | 16:37 | C. de Sanidade

Galicia, pioneira nun ensaio clínico sobre a eficacia da vacina de alta carga da gripe

Máis de 450.000 galegos de entre 65 e 79 anos son invitados a participar nun estudo sobre a vacinación da gripe

17/10/2023 | 15:01 | C. de Sanidade

O Sergas publica a baremación definitiva do proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria

Resultan seleccionados con praza fixa -sen exame- 42 profesionais médicos/as de familia de atención primaria, dando comezo o prazo para a elección de destino

17/10/2023 | 13:45 | C. de Sanidade

A Xunta construirá un novo centro de saúde no Carballiño dunha dimensión de 4.500 metros cadrados

O Goberno galego e o Concello do Carballiño asinan o convenio para a execución das obras de construción

17/10/2023 | 13:09 | C. de Sanidade

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde lidera o novo programa eurorrexional para o fomento da innovación e transferencia de resultados en investigación biomédica

O proxecto ‘Transfiresaúde’ impulsará a integración do ecosistema de I+D+i en saúde transfronteiriza para abordar retos conxuntos con Portugal, como é o caso do envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada

16/10/2023 | 14:53 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña a necesidade de traballar na sensibilización da xuventude sobre a doazón de medula ósea

Julio Garcia Comesaña preside o acto de entrega dos premios do VIII Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea

16/10/2023 | 13:43 | C. de Sanidade
16/10/2023 | 12:40 | C. de Sanidade

Sanidade remarca a importancia dos programas de formación á poboación para axudar ás persoas que sofren unha parada cardíaca extrahospitalaria

A realización de manobras por parte de quen presenza a parada é fundamental, xa que duplica o tempo de mantemento da vítima en condicións óptimas permitindo a chegada dos equipos de emerxencias