Actualidade
Buscador de novas
Rueda resalta que a Xunta equiparará as bebidas enerxéticas ao alcohol e os vapeadores ao tabaco a través da Lei de protección da saúde dos menores
Destaca que se inicia a tramitación desta normativa pola que “quedará prohibida” a venda destes dous produtos a menores de idade na comunidade
Comesaña remarca o labor da Real Academia de Farmacia de Galicia no acto de ingreso do académico Xosé Bustelo
O conselleiro de Sanidade salienta a transcendencia da traxectoria do doutor Bustelo, como referente nacional e internacional na investigación do cancro
Galicia celebra o primeiro Día galego sen tabaco no marco do Plan Inspira Saúde da Xunta
Dende a súa creación, o Programa galego de parques sen fume conta xa con 34 municipios adheridos
A Xunta creará máis de 1.700 prazas no Sergas en 2024 para consolidar o aumento do cadro de persoal producido durante a pandemia
O conselleiro de Sanidade asegura que o Proxecto de Orzamentos para o vindeiro ano converte en estruturais os reforzos de persoal efectuados nesta lexislatura
A Xunta lembra as pautas a seguir nos cemiterios para evitar a proliferación de mosquito tigre ante o Día de Todos os Santos
Nas flores que se coloquen nos cemiterios, recoméndase colocar esponxas ou area para evitar a auga estancada na que podan criar os mosquitos
Galicia avanza na guía práctica de lesións cutáneas e tecidos brandos asociados a ostomías, no marco do programa Úlceras Fóra
O conselleiro de Sanidade destacou a instalación pioneira no 2017 de baños para pacientes ostomizados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
O Sergas creará o “Código Fístula” para diminuír o tempo entre a trombose e a súa revascularización ante as complicacións que poidan xurdir nos pacientes en hemodiálise
O conselleiro de Sanidade inaugurou en Ourense o IX Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía
O Sergas publica as puntuacións provisionais da fase de oposición para o ingreso na categoría de enfermería e diversas clases de persoal funcionario sanitario de saúde pública e administración sanitaria
Ofértanse un total de 1.556 prazas na categoría de enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública
Rueda anuncia o Proxecto Xenoma Galicia, que recompilará o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco
Salienta que se trata dun “salto de xigante” no sistema sanitario galego, xa que permitirá detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticar de forma precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados
A Xunta pon en marcha dúas unidades de ictus en Lugo e Ourense que posibilitarán o tratamento de patoloxías que ata o momento se derivaban a outros centros sanitarios
Estas unidades, que xa contaban con equipos de ictus, poderán realizar trombectomías