Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

05/11/2023 | 16:12 | C. de Sanidade; C. do Medio Rural

Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do salón Xantar de Ourense

O conselleiro de Sanidade avanzou que se superaron as 150.000 consultas dos 94 novos nutricionistas de atención primaria

05/11/2023 | 14:48 | C. de Sanidade

O Sergas asina o seu compromiso cos obxectivos de redución de combustibles fósiles na Conferencia das Nacións Unidas da COP28

O Servizo Galego de Saúde reafirma os deberes marcados en canto á descarbonización, coa sinatura da carta aberta da comunidade médica e sanitaria mundial para instar á presidencia da COP28 e aos líderes mundiais sobre a necesidade de eliminar o emprego de combustibles fósiles

04/11/2023 | 19:06 | C. de Sanidade

As probas da OPE do Sergas para o acceso á categoría de persoal de servizos xerais (PSX) acada o 71’3 % de participación

O conselleiro de Sanidade asistiu ao comezo das probas no Recinto Feiral de Silleda, onde salientou a aposta da Xunta por continuar a incrementar o número de prazas destinadas a persoas con discapacidade

04/11/2023 | 15:32 | C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 30 expertos participarán no II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos nos Servizos Públicos de Saúde

Entre as xornadas do 29 de novembro ao 1 de decembro, o Servizo Galego de Saúde organizará un evento que converterá Compostela no epicentro do debate das políticas de organización e xestión do persoal sanitario, así como de xénero e igualdade

03/11/2023 | 15:28 | C. de Sanidade

O DOG publica a aprobación do proxecto de interese autonómico que permitirá a construción do Novo Hospital Público da Coruña

O Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe o Decreto de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por esta actuación

03/11/2023 | 14:09 | C. de Sanidade

O convenio da Xunta con Asfedro increméntase en máis dun 20% durante a presente lexislatura

A Xunta realizou unha achega de 50.000 euros para a substitución da cuberta envolvente da comunidade terapéutica “O Confurco”

03/11/2023 | 13:56 | C. de Sanidade

ADOS alcanza as 653 doazóns de sangue na cuarta campaña anual que realizou nas instalacións de Stellantis Vigo

O centro vigués acolleu durante a segunda quincena de outubro e principios de novembro a cuarta e última visita anual das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

03/11/2023 | 12:03 | C. de Sanidade

A Xunta aumenta en máis dun 60 % o investimento para prazas concertadas en centros de rehabilitación de saúde mental

O conselleiro de Sanidade visita o novo Centro de Rehabilitación Psicosocial de Doa en Vigo, e pon en valor o programa para a intervención precoz en psicose

03/11/2023 | 09:29 | C. de Sanidade

Máis de 16.000 persoas concorrerán esta fin de semana nos exames da OPE do Sergas das categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería

Están convocadas 6.700 persoas na categoría de persoal de servizos xerais e 9.541 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería