Actualidade
Buscador de novas
Sanidade citará para a vacinación fronte á gripe os menores de entre 6 e 59 meses durante dúas fins de semana consecutivas
A Dirección Xeral de Saúde Publica comezou o envío de SMS para convocar os nenos e nenas deste tramo de idade a seren vacinados, durante as xornadas do 18 e o 19 de novembro; e do 25 e do 26 novembro
A Xunta pon en valor a mellora da protección dos nenos galegos cun investimento de case 40 millóns de euros no programa galego de vacinación
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, subliña o reforzo do cribado neonatal, que inclúe ata 30 patoloxías, no marco do 73º Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia
Os servizos de endocrinoloxía dos hospitais do Sergas atenderon no que vai de ano a preto de 144.000 pacientes en consultas externas
Así o destaca a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, no acto de inauguración do 36 Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo
Máis de 4.500 pacientes beneficiáronse da vía rápida do melanoma do Sergas desde o 2018
O Servizo Galego de Saúde mantén un tempo medio de espera de menos de catro días para obter un diagnóstico
O Sergas publica a relación definitiva de admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 51 categorías de persoal estatutario
Resultan admitidas 22.197 persoas nos procesos selectivos de concurso-oposición para un total de 1.086 prazas ofertadas
Sanidade destaca o aumento nos últimos anos do 60% nas prazas de residentes que chegarán ás 638 no vindeiro ano
Así o salienta o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, no II Congreso galego de formación sanitaria especializada, que se celebra no Hospital Universitario Lucus Augusti
O presidente da Xunta anuncia a incorporación de sete novas patoloxías ao sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias
Destaca que supón ter acceso a unha primeira consulta de especialista e a unha proba diagnóstica en menos de 45 días, e unha intervención cirúrxica en menos de 60 para patoloxías graves de cancros de mama, colon, próstata, pulmón, cabeza e pescozo, vexiga, melanoma, endometrio e oncohematoloxía
O delegado territorial da Xunta e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras reúnense co alcalde de Xinzo de Limia para abordar a situación asistencial da especialidade de Pediatría no centro de saúde
O delegado territorial e o xerente explicáronlle ao alcalde que se intentará cubrir temporalmente con prolongacións de xornada doutros profesionais da contorna mentres se trata de ocupar esa praza mediante a oferta pública de emprego ordinaria
O conselleiro de Sanidade salienta o impulso do Clúster Saúde de Galicia no desenvolvemento do ecosistema de innovación sanitario galego
Así o indicou o titular da carteira sanitaria da Xunta na VIII edición do foro Retos Internacionais do Ecosistema de Saúde 23
O Sergas reabrirá o consultorio de Goián cun médico e unha enfermeira especialista en atención familiar e comunitaria
Neste centro, o conselleiro de Sanidade dixo no Parlamento que se porá en marcha unha iniciativa piloto onde a saúde comunitaria cobrará unha especial relevancia