Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

29/11/2023 | 17:28 | C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Sergas reúne en Santiago máis de 30 expertos en recursos humanos dos servizos públicos de saúde de varias comunidades autónomas e da OMS

Os conselleiros de Sanidade e Promoción do Emprego e Igualdade inauguran o II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos dos Servizos Públicos de Saúde, que se prolongará ata o venres e no que están inscritas preto de 300 persoas

29/11/2023 | 13:30 | C. de Sanidade

O Sergas mellora os resultados de espera cirúrxica nos pacientes con prioridade 1

O tempo medio de espera para operacións de pacientes con prioridade máxima redúcese aos 16,4 días, dous días menos que en 2022

29/11/2023 | 12:48 | C. de Sanidade

Profesionais das sete áreas sanitarias comparten avances na estratexia de humanización do Sergas para mellorar a asistencia que se presta á cidadanía

A II Xornada de humanización da asistencia sanitaria de Galicia foi inaugurada pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, quen remarcou a importancia de procurar un balance adecuado entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria

29/11/2023 | 12:19 | C. de Sanidade

O Sergas acada nove distincións no desafío da saúde polo clima 2023 organizado por Health Care Without Harm

O Servizo Galego de Saúde é recoñecido con medallas de ouro nas categorías de liderado, resiliencia climática e mitigación
 

28/11/2023 | 15:02 | C. de Sanidade

Sanidade acolle unha xornada formativa sobre TDAH e Muller en Atención Primaria dirixida a profesionais da saúde

Ten como obxectivo principal a adquisición de coñecementos específicos sobre os aspectos centrais do diagnóstico e tratamento do TDAH entre os profesionais, facendo especial énfase nas manifestacións diferenciais nas mulleres

28/11/2023 | 14:49 | C. de Sanidade

A Xunta aprobará unha guía de acompañamento da muller e contacto pel con pel na cesárea para todas as áreas sanitarias

Así o destacou o conselleiro de Sanidade nas XVI Xornadas de saúde perinatal e reprodutiva, celebradas en Santiago

28/11/2023 | 14:14 | C. de Sanidade

ADOS promove unha nova campaña especial de doazón de sangue coa participación da Fundación Racing Club de Ferrol

A Fundación agasalla cunha entrada para presenciar o partido deste domingo entre o Racing Club de Ferrol e o Albacete a todas as persoas que doen sangue os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro

28/11/2023 | 13:57 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon a punto a nova UCI do CHUAC que aumentará o número de boxes ata os 29 e todos eles individuais

Os conselleiros de Infraestruturas e de Sanidade visitaron este novo espazo que entrará en servizo en xaneiro de 2024

28/11/2023 | 13:33 | C. de Sanidade

O Sergas recolle máis de 30.000 respostas dos seus profesionais na campaña “Contorno de traballo saudable”

Desde novembro do ano 2022, o Servizo Galego de Saúde está a implementar un conxunto de medidas destinadas á mellora da calidade laboral e o benestar dos seus traballadores e traballadoras

27/11/2023 | 17:36 | C. de Sanidade

A Xunta lembra os beneficios da vacinación fronte á gripe e a covid para mulleres embarazadas

Recoméndase tamén para mulleres que deran a luz nos últimos seis meses