Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.274 novas da C. de Sanidade:

28/12/2023 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca que a Xunta destina 127 M€ á adquisición de fármacos CAR-T para o tratamento de pacientes de determinados tipos de cancros do sangue

Resalta que o obxectivo é avanzar “cara unha medicina máis personalizada” con estas terapias avanzadas “que permiten recoñecer e destruír con mellor eficacia” as células tumorais

28/12/2023 | 15:11 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade lembra da importancia de vacinarse da gripe e da COVID-19

As persoas que aínda non se vacinasen fronte a estas infeccións respiratorias teñen a posibilidade de facelo nos hospitais galegos, mediante o sistema de autocita

27/12/2023 | 11:38 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realiza un chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas

A maioría das reservas dos grupos sanguíneos amosan niveis baixos debido a un aumento das necesidades dos hospitais galegos, en especial o Cero Negativo

26/12/2023 | 14:02 | C. de Sanidade

O Sergas presenta ás organizacións sindicais o informe de avaliación de riscos psicosociais e o protocolo de actuación ante violencias e acoso sexual e de xénero

O informe de avaliación de riscos psicosociais presentouse na xuntanza da Comisión Central de Seguridade e Saúde, culminando un proceso que comezou en novembro de 2022

23/12/2023 | 15:05 | C. de Sanidade

A Xunta completa a extensión do cribado de cancro de cérvix en toda Galicia

O Goberno galego cumpre así o obxectivo de implantar este programa de detección precoz antes de rematar o 2023

23/12/2023 | 13:17 | C. de Sanidade

A central de coordinación do 061 de Galicia reforza o seu persoal un ano máis ante a previsión do incremento da demanda sanitaria no Nadal

O persoal facultativo e teleoperador aumentará durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas médicas e optimizar a xestión dos recursos

23/12/2023 | 12:50 | C. de Sanidade

A Xunta culmina a posta en marcha de 76 novos equipos de alta tecnoloxía sanitaria nos hospitais públicos galegos

O conselleiro de Sanidade visitou esta semana a resonancia magnética de máxima precisión incorporada ao CHUS dentro deste proceso de renovación tecnolóxica

23/12/2023 | 11:53 | C. de Sanidade

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde organiza un encontro cos responsables da innovación sanitaria de Andalucía e Aragón no marco do proxecto PROCURE4HEALTH

Durante os encontros, representantes do Servizo Galego de Saúde e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), compartiron cos socios nacionais as experiencias no referido á compra pública innovadora no ámbito de saúde

22/12/2023 | 13:38 | C. de Sanidade

A saúde pública, as listas de espera e a atención primaria centran os obxectivos dos acordos de xestión do Sergas para 2024

Segundo referiu o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, estes acordos teñen como finalidade acadar os obxectivos de mellora continua dos servizos públicos sanitarios e de mellora da atención da saúde da poboación galega

22/12/2023 | 13:32 | C. de Sanidade

A Xunta amplía a campaña de vacinación de gripe e covid ata o 12 de xaneiro

Galicia facilita a vacinación de gripe e covid nos hospitais galegos e exclusivamente de gripe, nos centros de saúde