Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta a plataforma Sanidade Mediaverso coa que fomentará os hábitos de vida saudables entre a poboación galega
Esta nova ferramenta tecnolóxica contén recursos dixitais, aplicacións, xogos e programas de realidade virtual e aumentada, nos que se achegan solucións para acadar un estado de saúde óptimo
A Xunta advirte á cidadanía da necesidade de tomar medidas axeitadas para evitar ou reducir o impacto negativo das baixas temperaturas no organismo
O aire frío continental deixarase notar en Galicia especialmente nas xornadas de hoxe xoves e de mañá venres
A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras de demolición do Hotel de doentes, necesaria para executar o anel viario do novo Hospital Público da Coruña
Estes traballos contan cun prazo de execución de 7 meses e consisten no derribo do edificio, que ten 7.691 m2 divididos en 10 andares
A Xunta destaca o selo galego innovador como grande aliado para acadar unha sociedade máis segura
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, o vicepresidente primeiro, a conselleira de Política Social e Xuventude e o conselleiro de Sanidade participaron na presentación do sistema ‘Dronefinder’ para a procura de persoas desaparecidas
A Xunta garante a alcaldes e alcaldesas da Limia a continuidade das dúas prazas de pediatría en Xinzo
O conselleiro de Sanidade reuniuse cos representantes municipais para informar da situación de falta de cobertura circunstancial destas prazas e das medidas tomadas para manter a asistencia e a obtención de cita en menos de dous días
A Xunta amplia a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19 até o 26 de xaneiro
A taxa de positividade por gripe en Galicia sitúase no 27’9%, cun descenso do 2,28% respecto da xornada de onte
A Xunta esixe ao Ministerio de Sanidad que as decisións en materia de saúde pública sexan avaladas polos expertos
O conselleiro de Sanidade cualifica de “sorprendente” que a ministra propoña, na reunión do Consello Interterritorial, medidas como o uso obrigatorio da máscara sen reunir antes nin a Ponencia de Alertas nin a Comisión Nacional de Saúde Pública
O 061 de Galicia asistiu 46 persoas por 37 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 47 chamadas por accidentes de tráfico
Baixan de novo as urxencias de adultos e pediátricas nos hospitais do Sergas
O número de adultos que entraron en urxencias dos hospitais do Sergas baixa dos 3.000 (2.786), e os pacientes pediátricos atendidos tamén volven baixar e xa son menos de 500 (488)
O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Pantón asinan o convenio para a construción do novo centro de saúde da localidade
A construción deste novo centro de saúde está prevista no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado no Consello da Xunta en outubro de 2021