Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.273 novas da C. de Sanidade:

24/01/2024 | 20:00 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o labor dos farmacéuticos que contribúe a incrementar a capacidade asistencial do sistema sanitario

Julio García Comesaña intervén no acto de apertura do curso académico 2024 da Real Academia de Farmacia de Galicia

24/01/2024 | 11:37 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade agradece o traballo que realizan as asociacións que colaboran coa Xunta no coidado da saúde mental

Julio García Comesaña visita a Asociación e Fundación Lar pro saúde mental, institución que leva tres décadas realizando accións que se centran na atención especializada a adolescentes con problemática psiquiátrica

23/01/2024 | 20:27 | C. de Sanidade

Xunta e AEVI inician unha liña de colaboración polo uso racional dos videoxogos

O conselleiro de Sanidade reúnese con integrantes do sector a través da Asociación Española de Videoxogos (AEVI)

23/01/2024 | 12:46 | C. de Sanidade

A Xunta distingue a Stellantis Vigo e aos seus profesionais pola solidariedade amosada durante 28 anos e chegar a case 75.000 doazóns de sangue

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entrega á empresa e aos seus traballadores senllos recoñecementos pola súa colaboración nas campañas de doazón de sangue desenvolvidas na factoría viguesa

23/01/2024 | 12:15 | C. de Sanidade

O Sergas finaliza a fase de oposición de enfermería e de diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria

Ofértanse un total de 1.556 prazas na categoría de enfermería e 96 en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública

22/01/2024 | 13:54 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade reúnese coa rede de nodos de innovación sanitaria para abordar as actividades durante o presente ano

Na xuntanza, falouse da nova edición dos Premios de innovación en saúde, impulsados pola Rede, coa publicación no Diario Oficial de Galicia de hoxe das bases e convocatoria da súa IV edición

22/01/2024 | 09:59 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 51 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 19 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 21 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 63 chamadas por accidentes de tráfico

20/01/2024 | 12:20 | C. de Sanidade

O Sergas inicia o proxecto europeo “Coido da miña diabetes” co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade

Un total de 17 pacientes con diabetes participarán neste programa que foi considerado como unha “boa práctica en saúde” por parte da Comisión Europea, e que será replicado por 12 países