Actualidade
Buscador de novas
O Sergas organiza un curso para formar profesionais de entidades de saúde mental no apoio ás familias e achegados das vítimas de suicidio
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destaca o traballo dos servizos de Saúde Mental do Sergas na conformación de grupos de axuda mutua
ADOS acada as 628 doazóns de sangue na primeira campaña anual que realizou na factoría de Stellantis Vigo
A fábrica viguesa desenvolveu durante a segunda quincena de xaneiro e principios de novembro a primeira das catro visita anuais que as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realizarán durante o 2024
O Comité Funcional do Proxecto Xenoma Galicia mantén a súa primeira xuntanza
O conselleiro de Sanidade presidiu unha reunión na que se abordaron diversos asuntos vencellados á posta en marcha dunha iniciativa que suporá un salto cualitativo para a Sanidade galega
A Xunta dá o último paso para adxudicar sen oposición 72 prazas fixas de pediatría en atención primaria e hospitais comarcais
O Sergas publicou hoxe a relación de aspirantes que obtiveron praza nos concursos de méritos co obxecto de efectuar o proceso de elección de praza e que poidan tomar posesión das prazas adxudicadas no mes de marzo
A área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza homenaxea aos traballadores que se xubilaron no 2023
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destaca a implicación destes profesionais, demostrada pola súa capacidade de traballo e compromiso coa sanidade pública ao longo da vosa vida laboral
Máis de 18.300 aspirantes para os exames que celebra esta fin de semana o Sergas
Durante as xornadas do sábado e do domingo, están convocados a realización das probas un total de 18.377 aspirantes, para o acceso a 779 prazas que se distribúen en 10 categorías do sistema sanitario público galego
Xunta e concello de Cabana de Bergantiños colaboran para reparar a fachada e carpintería exterior do centro de saúde de Cesullas
O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Cabana de Bergantiños asinan un convenio ao que destinarán máis de 49.000 euros
A Xunta unifica os protocolos para garantir o acompañamento da muller e contacto pel con pel na cesárea
A Consellería de Sanidade está a elaborar unha Guía de referencia común para o conxunto das áreas sanitarias, a través dun grupo de traballo composto por unha vintena de profesionais de todas as categorías implicadas
O conselleiro de Sanidade remarca a importancia de divulgar adecuadamente información contrastada e veraz de contidos sanitarios e de medicamentos
Así o destaca Julio García Comesaña, no acto de entrega dos 23º premio periodístico Albarelo, que organiza o Colexio de Farmacéuticos da Coruña
Comesaña destaca o labor dos técnicos superiores sanitarios nos servizos asistenciais da rede pública galega
O conselleiro de Sanidade reuniuse hoxe con representantes da Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia (ATESSGA) para escoitar as súas demandas e avaliar futuras fórmulas de colaboración