Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

18/03/2024 | 14:19 | C. de Sanidade

O Sergas resolve o proceso de estabilización, por concurso de méritos, de facultativo especialista de área de pediatría en postos de difícil cobertura e pediatra de atención primaria

Neste proceso resultan nomeados como persoal estatutario fixo 12 profesionais na categoría de facultativo especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e 58 pediatras de atención primaria

18/03/2024 | 10:11 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 54 persoas por 35 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 15 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 40  chamadas por accidentes de tráfico

17/03/2024 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta é premiada pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición polo seu programa de promoción da saúde no ámbito laboral

A Consellería de Sanidade propón converter a Xunta de Galicia nun referente de organización promotora da saúde no resto de contornas laborais

16/03/2024 | 17:11 | C. de Sanidade

Os exames de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 81’3% de participación, na súa quenda de tarde

Na segunda quenda do día, acudiron á realización dos exames 806 das 991 persoas admitidas

16/03/2024 | 12:07 | C. de Sanidade

As probas da fase de oposición dos facultativos especialistas de área do Sergas acadan o 80,3% de participación na súa quenda de mañá

Nesta primeira quenda do día, acudiron á realización dos exames 568 das 707 persoas admitidas

15/03/2024 | 13:31 | C. de Sanidade

Preto de 1.700 facultativos convocados aos exames do Sergas en 37 especialidades médicas

O Recinto Feiral de Silleda acollerá mañá sábado as probas do concurso-oposición  para o acceso a 163 prazas na categoría de facultativo especialista de área

15/03/2024 | 12:18 | C. de Sanidade

A Xunta urxe ao Ministerio de Sanidade a acelerar as reformas precisas para abordar o déficit de médicos de familia que sofre España

O conselleiro de Sanidade en funcións insta ao Ministerio a “non perder un minuto máis” despois de que o Congreso dos Deputados aprobase solicitar ao Goberno as mesmas medidas que foron demandadas xa por 14 gobernos autonómicos

14/03/2024 | 20:31 | C. de Sanidade

A Xunta incrementou nun 70% as prazas de médico de urxencias hospitalarias dende 2010

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, destaca a aposta de Galicia pola creación da especialidade de medicina de urxencias e emerxencias, no acto inaugural do Congreso de SEMES Galicia

14/03/2024 | 15:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que a Xunta licitará no prazo dun mes a humanización da sala de espera de Oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela

O obxectivo é facer máis confortable a estancia dos pacientes con cancro que pasan moito tempo nestas instalacións 

14/03/2024 | 11:05 | C. de Sanidade

A nova Unidade PET/TAC do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense inicia a súa actividade asistencial

A Xunta de Galicia investiu 5,7 M€ na obra e nos equipos da nova área de medicina nuclear do CHUO na que está instalada esta unidade