Actualidade
Buscador de novas
O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na catedral de Santiago
O dispositivo sanitario do 061 permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, situada na rúa Carretas, e o equipo sanitario se desprazará ás 12,00 ata a Catedral de Santiago
Os galegos de orixe ou ascendencia que residan no estranxeiro e visiten Galicia xa poden acceder á tarxeta sanitaria dixital da Xunta
A tarxeta Galicia Saúde Exterior Virtual pode descargarse a través da app Sergas Móbil
Sanidade e Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra colaboran na campaña de información en farmacias sobre prevención e control do mosquito tigre
As farmacias serán parte dunha rede de alerta temperá que permitirá coñecer os posibles incrementos significativos de picaduras de insectos e avaliar se son debidos ao mosquito tigre
Gómez Caamaño subliña o labor de Asfedro na promoción da saúde e na loita contra as adiccións, ao que a Xunta contribúe con máis de 1,1 M€
O Servizo Galego de Saúde incrementou neste 2024 a súa achega á entidade nun 7,5%
Gómez Caamaño salienta o labor da asociación Sarela e subliña o apoio ao tecido asociativo con 1,2 M€ para programas de carácter sociosanitario
O titular de Sanidade salienta a importancia de que Galicia conte cun Proceso Asistencial Integrado (PAI) para o dano cerebral adquirido, co obxectivo de atender do mellor xeito posible as necesidades e os coidados que precisan os pacientes
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementou a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre de 2024
Os servizos de Otorrinolaringoloxía, cun incremento do 16,6 %; de traumatoloxía, cun 20,4 %; e de Uroloxía, cun 20 %, foron as unidades que rexistraron unha maior repunta no seu volume de intervencións
A Xunta e o Concello de Santiago pechan o acordo para humanizar, ordenar e mellorar a accesibilidade do Hospital Clínico
Acordan impulsar un conxunto de actuacións para acadar este obxectivo, entre elas, a tramitación dun Plan de Interese Autonómico cun perímetro consensuado
A Consellería de Sanidade e AFAMMER abordan medidas para a mellora da saúde das mulleres do rural
Ambas as partes coinciden na necesidade de establecer canles de diálogo e coordinación para fomentar a promoción da saúde entre as mulleres do rural, favorecendo a igualdade de oportunidades
Gómez Caamaño remarca que a atención pediátrica no Barco de Valdeorras está plenamente garantida
O titular de Sanidade destaca que os cupos pediátricos non teñen demora na petición de citas e que estas son concedidas para as seguintes 24 horas
A Xunta licita por máis de 550.000 euros o soporte informático de medio cento de aplicacións de programas especiais da sanidade pública
Este servizo permite realizar tarefas de soporte e resolución de incidencias a aplicacións que xestionan a carpeta É-Saúde, os sistemas de información de xestión da incapacidade temporal, do transporte sanitario non urxente, da prestación ortoprotésica e a tarxeta sanitaria, entre outros