Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

08/05/2024 | 14:03 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o esforzo da Xunta para incorporar coa maior axilidade e rigor científico as novas tecnoloxías sanitarias en beneficio dos pacientes

O titular de Sanidade pon en valor o labor da unidade encargada de avaliar as tecnoloxías sanitarias e o seu impacto organizativo, económico e social, esencial na toma de decisións

07/05/2024 | 14:26 | C. de Sanidade

A Xunta impulsará un Plan de Recursos Humanos que permita responder axeitadamente ás necesidades presentes e futuras do Sistema Público de Saúde

O conselleiro apunta como outro dos retos da sanidade pública acadar unha maior eficiencia e coordinación entre a atención primaria e hospitalaria

06/05/2024 | 17:30 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 1,8 millóns de euros na adquisición e posta en marcha dun novo equipamento de resonancia magnética para o hospital de Conxo

O novo equipamento contará cun importe de licitación de 1.476.200 euros e permitirá mellorar os diagnósticos e seguimento dos pacientes oncolóxicos, así como os estudos e imaxes vinculadas ao músculo esquelético

06/05/2024 | 17:18 | C. de Sanidade

A Xunta reforzará a protección fronte ao pneumococo de 15.000 bebés nados en 2022 coa vacina 20-valente

A Consellería de Sanidade decide incrementar a inmunización das nenas e nenos de 2 anos xa vacinados no seu momento coa 13-valente, aplicándolles agora a 20-valente, que inclúe novos serotipos e achega unha protección 4 veces maior

06/05/2024 | 14:05 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación definitiva de admitidos no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico de familia e noméase o tribunal cualificador

Tamén se publican as puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos de 14 categorías, realizados no mes de febreiro

06/05/2024 | 12:18 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 83 persoas por 53 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 3 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 5 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico

06/05/2024 | 11:27 | C. de Sanidade

A Xunta licita o contrato do servizo de transporte sanitario non urxente da área sanitaria de Vigo por preto de 13,5 M€

O novo contrato, cun período de 24 meses, supón un incremento orzamentario do 16,42 % sobre o anterior

04/05/2024 | 11:12 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade recibe á Asociación de pais de persoas con parálise cerebral da Coruña

Antonio Gómez Caamaño agradece a colaboración de Aspace na atención integral aos pacientes e ás súas familias