Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 419.000 euros as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña
As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xullo
A Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde, finalista nos Premios Europeos de Sanidade Sustentable
O Premio Bolmstedt á Innovación, de Health Care Without Harm, recoñece as solucións creativas e novidosas para facer un sistema sanitario máis eficiente e mellor para as persoas e o planeta
O Servizo Galego de Saúde licita a reforma da Unidade de diagnóstico de Aparello Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
A Xunta destina 382.806 euros a unha actuación que permitirá dotar dunha sala de procesamentos dixestivos avanzada de 81 metros cadrados de superficie
Gómez Caamaño pon en valor a Estratexia de Oncoloxía de Precisión e o papel decisivo do futuro Comité Molecular de Tumores de Galicia
O conselleiro de Sanidade subliña a importancia que terá o proxecto Xenoma Galicia para o deseño de novos tratamentos oncolóxicos personalizados
O conselleiro de Sanidade destaca que o Centro de Protonterapia e o impulso das terapias avanzadas CAR-T sitúan a Galicia como referencia na medicina de precisión
Un equipo de profesionais do máximo nivel traballa no Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas para empezar a producir os tratamentos máis avanzados contra o cancro
Galicia rexistra un aumento do 57% no número de doadores de órganos e do 32% nos transplantes durante os primeiros 5 meses de 2024
Ata o mes de maio realizáronse en Galicia 186 transplantes de órganos
Gomez Caamaño destaca os máis de 72.000 procedementos levados a cabo polo persoal de cirurxía maior ambulatoria do sistema galego de saúde no ano 2023
Estes procedementos cirúrxicos acadaron unha cifra que supera en 2.000 aos realizados no ano 2016
A Consellería de Sanidade celebra o primeiro comité técnico do mosquito tigre deste ano co fin de coordinar as actividades entre os diferentes organismos
Na xuntanza expuxéronse as actuacións que se van levar a cabo, nas que destacan o deseño de medidas para reforzar a vixilancia en colaboración cos concellos a partir deste mes, e a realización de campañas de información e concienciación cidadá