Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

02/04/2023 | 17:47 | C. de Sanidade

A Xunta autoriza un convenio coa Cruz Vermella por preto de 700.000 euros para a asistencia a pacientes con trastornos adictivos na área de Lugo

O convenio asinado pola Xunta coa asociación Cruz Vermella de Lugo acada un importe de 695.594 euros ; permitiu atender máis de 300 persoas o ano pasado

02/04/2023 | 15:52 | C. de Sanidade

A Xunta autoriza convenios por valor de case 2 M€ para entidades sociais de asistencia a pacientes con trastornos adictivos da área de Vigo

O convenio asinado pola Xunta coa asociación viguesa ASVIDAL acada un importe de 233.875 euros; permitiu atender case 1.800 persoas o ano pasado

02/04/2023 | 12:33 | C. de Sanidade

Xunta e concello da Gudiña investirán 47.000 € para arranxar os problemas de filtracións de auga no centro de saúde

O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron esta semana o convenio que permitirá executar esta actuación e cofinanciala entre ambas administracións

02/04/2023 | 11:25 | C. de Sanidade

A Xunta abre o proceso de participación co sector sanitario de Galicia para avanzar na elaboración da Estratexia galega de saúde 2030

O Goberno galego recollerá achegas de asociacións científicas, colexios profesionais, asociacións de pacientes, organizacións sindicais, universidades ou fundacións de investigación sanitaria, para este documento estratéxico que aspira a servir como folla de ruta integral da política sanitaria galega

01/04/2023 | 16:11 | C. de Sanidade

O Consello da Xunta autoriza a sinatura do convenio con Asfedro por máis de 1 millón de euros

Esta asociación atenderá a demanda dos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, Somozas, e Valdoviño

01/04/2023 | 11:21 | C. de Sanidade

O novo servizo de radioterapia do Hospital de Montecelo evitará que os enfermos oncolóxicos de Pontevedra teñan que desprazarse a Vigo para recibir este tratamento

O conselleiro de Sanidade visita o búnker que albergará os dous aceleradores lineais que a Xunta adquiriu por máis de catro millóns de euros

01/04/2023 | 10:18 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 420.000 € a obra para a implantación da nova resonancia magnética no Meixoeiro

O investimento total desta renovación tecnolóxica, entre a obra e o custo do novo equipo, achégase aos 2 millóns de euros

01/04/2023 | 10:05 | C. de Sanidade

Os nutricionistas de atención primaria terán relación directa cos servizos hospitalarios de Endocrinoloxía e Nutrición

Así o confirmou a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, na reunión que mantivo esta semana cos servizos de endocrinoloxía e nutrición das sete áreas sanitarias

31/03/2023 | 19:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A nova unidade de hospitalización e os hospitais de día do Chuac comezarán a funcionar entre abril e maio

Rueda subliña que con esta apertura e a posta en marcha nuns meses das novas áreas de UCI, Urxencias e Farmacia dáse case “por rematada” a ‘fase 0’ do Novo Chuac no que a Xunta vai investir 500 M€

31/03/2023 | 17:55 | C. de Sanidade

O Sergas acada un novo acordo no ámbito do Plan de Ordenación de Atención Primaria

Entre as medidas destaca a oferta de contratos estables de 3 anos de duración ao persoal residente que termina este ano, tanto no caso da Medicina familiar e comunitaria, como na especialidade de Pediatría