Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da C. de Sanidade:

19/06/2024 | 17:14 | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de 780.000 euros para garantir o cumprimento dos tratamentos antituberculosos

Sanidade remarca a importancia da necesidade de administrar un tratamento supervisado naquelas persoas nas que se detecte unha maior vulnerabilidade ou risco de abandono do mesmo

19/06/2024 | 15:20 | C. de Sanidade

A Xunta creará a figura da promotora de saúde na comunidade xitana nas sete áreas sanitarias cun investimento de máis dun millón de euros

O Diario Oficial de Galicia publica a concesión da subvención á Fundación Secretariado Xitano para realizar actividades lideradas por mulleres coas que promover unha alimentación equilibrada ou a realización de actividade física

19/06/2024 | 15:08 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o papel do Consello de Bioética no equilibrio entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria

Incide en que o Consello terá unha función relevante de cara á incorporación proveitosa e racional de todo o novo que vén, especialmente a intelixencia artificial

19/06/2024 | 15:07 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a convocatoria do concurso de traslados para os profesionais médicos de atención primaria

Os interesados poderán presentar a solicitude de participación desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia 

19/06/2024 | 15:02 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermería

Son un total de 8.399 os aspirantes para as 1.556 prazas ofertadas no proceso de concurso-oposición

18/06/2024 | 14:55 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza que o 80% dos médicos residentes de 4º curso manifestan a súa disposición de colaborar na atención sanitaria neste verán

Remarca que o Executivo galego vén de aprobar o plan para a cobertura de persoal médico no verán para, deste xeito, garantir unha asistencia sanitaria de calidade

18/06/2024 | 14:04 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta licitará este verán a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia, que suporá un investimento de 10 M€

Remarca que, fronte á inacción do Goberno central ante a falta de médicos de familia, a Xunta toma medidas cun plan para garantir a cobertura no verán

18/06/2024 | 11:18 | C. de Sanidade