Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aumenta a capacidade de resolución da Atención Primaria así como o confort de pacientes e profesionais
No ano 2023 o Goberno galego xestionou 37,8 M€ dentro do Marco Estratéxico de Atención Primaria para fortalecer o primeiro nivel asistencial, mellorando as infraestruturas e ampliando o equipamento clínico
A Xunta inviste un total de 84,5 M€ na contratación do transporte sanitario terrestre non urxente e hospitalario urxente das sete áreas sanitarias
Está previsto que estes contratos permitan realizar 979.000 servizos anuais no conxunto das áreas sanitarias
A Xunta lembra as principais recomendacións ante as altas temperaturas previstas para estes días
Na zona do Miño de Ourense hai aviso amarelo por temperaturas de 36 graos no día de hoxe entre as 15 e as 21 horas
O 061 de Galicia asistiu 69 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 19 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 21 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 76 chamadas por accidentes de tráfico
A consellería de Sanidade e a Federación Down Galicia colaboran para avaliar o envellecemento da poboación con esta síndrome
O convenio de colaboración permitirá desenvolver un programa piloto para probar a eficacia dunha batería de test de avaliación da memoria e das capacidades cognitivas de persoas con síndrome de down e discapacidade intelectual
A Xunta humaniza os espazos do hospital de día oncohematolóxico do Hospital Público do Salnés
O hospital de día oncohematolóxico do distrito arousán comezou a súa actividade hai máis de catro anos, en xaneiro de 2020, e ten unha superficie de 250 metros cadrados, con capacidade para dez pacientes
Restablécese na súa práctica totalidade a operatividade informática nos hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde sen rexistrar incidencias destacadas
Os servizos informáticos dos centros do Servizo Galego de Saúde foron recuperando a normalidade de xeito progresivo ao longo da mañá, tras o fallo informático provocado pola plataforma de seguridade CrowdStrike, con incidencia mundial
A Xunta licita por preto de 23 millóns de euros o contrato de subministro de suturas mecánicas con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde
A duración inicial deste contrato é de 3 anos, recollendo a posibilidade de ser prorrogado por 2 anos máis, acadando neste caso os 37,8 millóns de euros
Galicia lidera a excelencia sanitaria tras ser recoñecida con oito galardóns nos Premios Best in Class
A Consellería de Sanidade foi recoñecida pola súa traxectoria na categoría de Calidade na Atención do Paciente
A Xunta e FEGEREC colaborarán na rehabilitación fisioterapéutica das persoas con enfermidades raras e neurodexenerativas
A experiencia previa de colaboración acredita que as actividades recollidas no convenio melloran a calidade de vida dos pacientes con resultados mesmo mellores do agardado