Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.197 novas da A Presidencia da Xunta:

26/06/2023 | 13:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda sitúa o tecido empresarial galego como exemplo de xeración de riqueza e respecto ambiental

Garante o compromiso da Xunta para “pór os medios” para acompañar as empresas no seu desenvolvemento e creación de postos de traballo dun xeito sustentable

24/06/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda anima á mocidade a sumarse a outro ano turístico de récord co inicio na próxima semana do programa Xacobeo Xove

Subliña que a Xunta achegará descontos de ata 200 € aos mozos que contraten un paquete turístico para realizar o Camiño de Santiago nunha axencia de viaxes

23/06/2023 | 15:03 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta abre a convocatoria de Conecta Voluntariado Galicia, un programa destinado a achegar a nosa terra aos mozos galegos do exterior

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas galegas que residan no exterior de entre 21 e 30 anos

23/06/2023 | 13:50 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta polo desenvolvemento de solo empresarial para construír un futuro económico e industrial potente

Subliña a importancia da colaboración público privada para xerar riqueza en Galicia e dotar á comunidade de máis e mellores centros de traballo

23/06/2023 | 12:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade
22/06/2023 | 20:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda resalta a excelencia dos mellores expedientes galegos da ABAU e anímaos a continuar a súa formación nas Universidades da comunidade

Salienta a cultura do esforzo como o camiño axeitado para acadar a excelencia e lograr os obxectivos propostos, en consonancia cos bos resultados que ofrece Galicia nos principais indicadores académicos

22/06/2023 | 15:21 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede as Medallas Castelao a Ledicia Costas, Siniestro Total, Susana Rodríguez Gacio, Lino de Prado e Rafael López

Estas distincións recoñecen cada ano a persoas ou entidades que fixeron contribucións senlleiras e que levan o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras

22/06/2023 | 15:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aproba un paquete de medidas de preto de 50 M€ para axudar as persoas en risco de exclusión, as familias, os maiores e as persoas con discapacidade

Rueda salienta que estas axudas permitirán achegar ás entidades sociais recursos para mellorar a súa atención