Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.197 novas da A Presidencia da Xunta:

27/09/2023 | 19:18 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda enxalza a contribución das denominacións de orixe vitivinícolas ao emprego, a cultura e a tradición galegas

Salienta que nestas semanas alcanzáronse preto de 76 millóns de quilos de uva colleitados, o que converte a esta vendima nunha das máis abundantes da historia de Galicia

27/09/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda presenta a Estratexia de Oncoloxía de Precisión, que permitirá á sanidade pública galega avanzar na medicina personalizada e aplicar tratamentos aínda máis eficaces para cada tipo de cancro

Destaca que este plan, que comezará a implantarse en 2024, busca “poñer nome e apelidos” a cada tumor para entender “como se producen, como evolucionan e como se pode loitar contra eles”

27/09/2023 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia a posta en marcha da cuarta edición do Bono Comercio cun orzamento de 2,5 M€ para gastar en establecementos comerciais de proximidade

Salienta a reedición deste bono dentro das medidas da Xunta para contribuír a reducir o impacto da inflación na economía das familias
 

25/09/2023 | 16:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Economía e Industria; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda define Galicia como unha “illa de estabilidade” e resalta que conta co calendario de vacinación máis completo do mundo

Destaca que a comunidade é pioneira en implantar medidas para afrontar o reto demográfico que agora van ser compartidas por Asturias como a gratuidade das escolas infantís ou a Estratexia Galicia Retorna

23/09/2023 | 16:20 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a Pepe Domingo Castaño como “un dos nosos” debido ao orgullo co que presumía sempre da súa terra

Salienta que a súa figura sempre seguirá presente grazas tamén á praza que leva o seu nome desde hai uns meses no casco vello de Padrón

23/09/2023 | 13:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda enxalza o labor das agrupacións de protección civil ao resultar “imprescindible” na rede de servizos de emerxencia de Galicia

Destacou o compromiso da Xunta co mantemento destas agrupacións, nas que leva investidos 23 M€ nos últimos anos en apoio ao seu funcionamento, a dotación de equipamento e a formación

22/09/2023 | 21:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda agradece a contribución do sector hoteleiro para consolidar Galicia como un destino puxante e referente do turismo sostible

Apuntou que iniciativas como o Bono turístico para este outono ou os plans específicos para reforzar este sector en áreas concretas como O Grove contribúen a mellorar a oferta e manter a comunidade como un destino atractivo

22/09/2023 | 12:50 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda garante o apoio da Xunta ás galegas e galegos no exterior que decidan voltar a Galicia marcando como obxectivo 30.000 persoas retornadas en 2026

Sitúa a Galicia como pioneira na posta en marcha de medidas para facilitar o retorno e salienta o papel da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026
 

21/09/2023 | 22:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel dos emprendedores na construción dunha Galicia potente que garante progreso e benestar social

Destaca que o deber das administracións é “xerar un clima propicio” para o emprendemento a través de medidas que ofrezan estabilidade e confianza aos inversores e ao conxunto do tecido empresarial