Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.197 novas da A Presidencia da Xunta:

30/09/2023 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia dun financiamento autonómico que respete a igualdade entre as comunidades e dunha cogobernanza real nos fondos europeos

Defende un diálogo multilateral para seguir reforzando o modelo do Estado das Autonomías “que segue tendo plena vixencia”

29/09/2023 | 14:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria
28/09/2023 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca ao CGAC como epicentro da transformación artística de Galicia e escaparate no que amosar o talento local ao mundo

Salienta o papel fundamental desta institución para o talento plástico galego e o diálogo artístico

28/09/2023 | 18:46 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel histórico de Galicia na globalización a través da emigración, a actividade empresarial ou o Camiño de Santiago

Subliña a contribución dos galegos do exterior no crecemento económico dos países de destino aos que levaron as tradicións da comunidade e a unión entre peregrinos de diversas orixes que desde hai séculos promove a ruta xacobea

28/09/2023 | 15:46 | A Presidencia da Xunta

A Xunta implica ás empresas na orientación laboral de alumnos BEME que apostan por quedarse en Galicia

O secretario xeral da Emigración inaugurou unha mesa redonda de empresas no que a Fundación Ronsel achegou a experiencia de empresas de vangarda en Galicia a unha trintena de galegos do exterior para achegarlles técnicas e ferramentas na súa andaina empresarial e laboral

28/09/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A oferta ferroviaria en Galicia reduciuse en Galicia cun 12 % menos de servizos que antes da pandemia e coa supresión de 21 conexións diarias e 202 semanais

O Consello da Xunta avaliou hoxe un informe sobre a situación dos servizos ferroviarios de ancho ibérico na Comunidade ante o incremento da demanda que se está a rexistrar e a repercusión que supón no transporte público por estrada

28/09/2023 | 14:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca que a Conta Xeral ratifica que en 2022 Galicia cumpriu un ano máis cos obxectivos de déficit e débeda fixados no seu orzamento

Rueda resalta que estes datos amosan que Galicia é unha comunidade “cumpridora e reponsable no manexo dos fondos públicos”

28/09/2023 | 14:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta creará o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade para reforzar os lazos entre Galicia e o mundo lusófono

Rueda destaca que asesorará ao Goberno galego en todas as medidas neste eido e actuará como foro de diálogo permanente entre as administracións e as entidades públicas ou privadas interesadas en fortalecer os vínculos coa lusofonía