Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.197 novas da A Presidencia da Xunta:

30/11/2023 | 16:28 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector do metal para potenciar o seu crecemento e diversificación con actividades como a eólica mariña

Asegurou que o tecido económico contará coa man tendida do Goberno autonómico, ao poñer como exemplo a inauguración o vindeiro ano da Oficina Económica de Galicia para “centralizar todos os trámites que correspondan coa Xunta”

30/11/2023 | 15:00 | A Presidencia da Xunta
30/11/2023 | 14:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda anuncia que Galicia será a primeira rexión de Europa en regular por lei o uso da intelixencia artificial

Informa de que o Consello autoriza a tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia

30/11/2023 | 14:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O persoal investigador da administración galega contará a principios de 2024 cun novo marco lexislativo que mellorará as súas condicións laborais

Rueda destaca que Galicia se converterá na primeira Comunidade de España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación que depende da Xunta dándolle “certeza” e “estabilidade”

30/11/2023 | 14:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ as axudas a concellos e particulares para corrixir o impacto paisaxístico de vivendas, edificios e equipamentos

Rueda destaca que o obxectivo é “seguir promovendo o fermosismo” e reformar inmobles “en mal estado e que afean a paisaxe e as contornas”

29/11/2023 | 19:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O presidente da Xunta salienta a obra de José María Barreiro como crónica visual da memoria colectiva galega

Valora a obra de Barreiro como exemplo de entendemento profundo coa identidade galega

29/11/2023 | 14:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda agradece a entrega, eficacia e esforzo da Policía Autonómica na contribución a unha Galicia máis segura

Considera “urxente” que o Goberno central complemente na Comunidade os efectivos deste corpo de seguridade que “paulatinamente” ten ido perdendo
 

28/11/2023 | 14:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que os premios Aproema amosan o compromiso das administracións e empresas galegas na procura dunha Galicia máis verde e sustentable

Asegura que Galicia ten unhas “posibilidades magníficas” para medrar na nova economía verde actual