Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.194 novas da A Presidencia da Xunta:

04/05/2024 | 20:21 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda reúnese co responsable de pesca da Arxentina e con empresas pesqueiras galegas para visibilizar e afianzar a importancia do sector no país

Traslada a tranquilidade que lle transmitiu López Cazorla ao aseguroulle que as incertezas que había a principios de ano “non se van producir finalmente e que, polo tanto, esa estabilidade que demandan as empresas galegas vaise manter”

04/05/2024 | 19:18 | A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina

Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza

03/05/2024 | 15:25 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

A Xunta participa no simulacro organizado pola Armada no porto da Coruña

A actividade consistiu na neutralización dun incidente terrorista a bordo dun buque de pasaxe simulado polo cruceiro ‘Costa Diadema’, que foi secuestrado por persoas armadas con explosivos e armas convencionais

03/05/2024 | 15:11 | A Presidencia da Xunta

A Xunta abre consulta previa para unha nova Lei de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital

Procúrase posicionar a CRTVG para afrontar os retos aos que se enfrontan os medios públicos ante a realidade dunha audiencia fragmentada e unha competencia cada vez maior

03/05/2024 | 10:07 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina

Salienta que a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia

02/05/2024 | 19:07 | A Presidencia da Xunta
02/05/2024 | 15:39 | A Presidencia da Xunta

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas

01/05/2024 | 19:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

Rueda destaca no inicio da súa viaxe por Arxentina o obxectivo de reforzar as relacións institucionais, económicas e culturais con este país

Comeza a visita cun encontro con representantes da colectividade para trasladar as medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar o retorno dos galegos do exterior