Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.194 novas da A Presidencia da Xunta:

10/06/2024 | 16:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Manuel Pardo destaca “a natureza excepcional” das montañas de Galicia

O delegado territorial valorou positivamente esta iniciativa e sinalou que este tipo de actividades “afondan na valorización da riqueza do noso medio natural”

10/06/2024 | 16:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Galicia inicia a vindeira semana o proxecto piloto de cribado de cancro de próstata para mellorar o diagnóstico precoz

Rueda destaca que vai ser “a primeira autonomía” en poñer en marcha o cribado deste tumor que causa 500 mortes cada ano na comunidade

10/06/2024 | 15:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta aproba a Estratexia Galega de Solo Residencial para a construción de 20.000 vivendas protexidas

Salienta que esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego por ampliar a oferta de inmobles co compromiso de “dobrar o parque residencial público nesta lexislatura”

10/06/2024 | 14:49 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta a 3ª edición do ciclo ‘Rock entre pedra e poesía’

Luz Casal actuará o 24 de xullo no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

10/06/2024 | 11:52 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda salienta a calidade como principal atractivo turístico de Galicia e clave para o crecemento do sector

O Goberno galego ten en marcha o Plan de Sustentabilidade Turística en Enogastronomía, dotado de 34,7 M€

07/06/2024 | 15:46 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Lama continuará co embelecemento da avenida Barreiro Cabanelas grazas a unha axuda da Xunta

As obras serán posibles grazas á subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para a mellora das infraestruturas turísticas, que deixou na Lama 30.000 euros

07/06/2024 | 13:49 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acolle A Coruña e no que a Xunta pon en valor os produtos pesqueiros galegos

A delegada territorial participou na apertura do evento coa inauguración da exposición “O noso rastro no mar” e subliñou o apoio do Goberno galego a través da campaña Galicia sabe Amar

07/06/2024 | 12:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca a posta en marcha da Cidade de San Caetano no segundo semestre de 2025 co remate da 1ª fase das obras

Sinala que, unha vez finalizados os traballos, o novo edificio dará cabida “ata 700 empregados e empregadas públicas en condicións moito máis axeitadas”, ao mesmo tempo que fará máis cómodos os trámites administrativos aos cidadáns