Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

04/08/2023 | 17:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dinamiza a oferta de verán da provincia de Pontevedra con campamentos e campos de voluntariado para a mocidade

O campamento de Mondariz-Balneario acolle seis quendas de participantes que desfrutan de actividades de multiaventura e deportivas

04/08/2023 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade
02/08/2023 | 16:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o concello de Allariz investirán 48.000 euros en mellorar a escola infantil pública autonómica do municipio

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro acompañado do delegado do Executivo autonómico en Ourense, Gabriel Alén, e da alcaldesa, María Cristina Cid Fernández

02/08/2023 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o concello de Lalín levarán a cabo obras de mellora na escola infantil pública autonómica das Pontiñas

Destinaranse 50.000 euros na montaxe dunha nova cuberta principal e na prolongación da cuberta do patio ata chegar a cubrir a entrada principal ao inmoble

01/08/2023 | 18:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda na recuperación da festa etnográfica de Loñoá que amosa oficios tradicionais de Galicia

Os participantes proveñen de diferentes países e colaboran na organización desta festa etnográfica para evitar que se perda

01/08/2023 | 17:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda na recuperación do Castro da Guítara de Pantón a través dun campo de voluntariado

Os participantes ocúpanse de limpar a zona e acondicionar rutas de acceso, entre outras accións

01/08/2023 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras na escola infantil pública de Coristanco por un valor próximo aos 20.000 euros

Melloraranse as fachadas e as instalacións de calefacción e fontanería do centro

31/07/2023 | 16:37 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García pecha a súa viaxe institucional selando un compromiso de colaboración co Hogar Español de Montevideo

Asinou un protocolo de colaboración con esta entidade por valor de 20.000 euros para seguir mellorando os coidados neste centro de atención aos galegos emigrantes máis maiores

31/07/2023 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide o curso na escola infantil pública autonómica Rosalía de Castro, en Vigo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, agradeceu o traballo do persoal e a confianza das familias na proposta educativa do centro

30/07/2023 | 14:33 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela

Este programa permitiu que 50 galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego