Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

19/08/2023 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

Comezan as obras de mellora da escola infantil pública autonómica das Pontiñas

Destínanse 50.000 euros á montaxe dunha nova cuberta principal e á prolongación da cuberta do patio para que cubra a entrada principal do centro

18/08/2023 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude de axudas para desenvolver programas de voluntariado xuvenil e de voluntariado interxeracional no rural

Destínanse máis de 326.000 euros a esta axuda que ten como novidade este ano a posibilidade de realizar proxectos de voluntariado coa participación de xente nova e persoas maiores

18/08/2023 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe nove ofertas para a reforma da residencia de maiores pública autonómica de Barbadás

Investirase máis dun millón de euros na redistribución e adecuación de espazos para adecualos as necesidades funcionais do centro

17/08/2023 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo da institución Padre Rubinos no apoio ás familias máis vulnerables

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións da entidade coruñesa

17/08/2023 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A primeira edición do programa Xuventude Mentoring na empresa contará coa participación de nove entidades privadas sen ámimo de lucro e tres concellos

O obxectivo é facilitar a persoas mozas de 18 a 30 anos estadías formativas de ata tres meses en empresas que melloren a súa capacidade profesional e empregabilidade

16/08/2023 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 4 millóns de euros na mellora da residencia pública de maiores de Campolongo

Reorganizaranse os espazos, crearase unha zona de usos múltiples na terraza e reformarase por completo a segunda planta para destinala a usuarios con maior dependencia

14/08/2023 | 14:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre ás familias as residencias de tempo libre do Carballiño e Nigrán para o desfrute das vacacións

O programa ‘Vacacións en familia’ ofertou este ano máis prazas que nunca co obxectivo de aumentar as opcións de ocio e de conciliación

12/08/2023 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para que os concellos se acollan ás axudas para mellorar a accesibilidade nos seus edificios e espazos públicos

Destínanse máis de dous millóns de euros para avanzar na supresión de barreiras en concellos e mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes

11/08/2023 | 18:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o castro de Doade de Lalín e a súa contorna a través dun campo de voluntariado

A actividade remata mañá despois de que mozos procedentes de Galicia, doutros puntos de España, de Italia e de México realizaran tarefas de conservación ambiental, de catalogación e divulgación etnográfica e de escavación na mámoa ‘a pena do santo’