Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos se acollan ás axudas para realizar programas de inclusión social
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria desta orde de achegas para o período 2023-2025, dotada de máis de 7,6 millóns de euros
Fabiola García reafirma o compromiso da Xunta coas persoas con alzhéimer e as súas familias na gala do 25 aniversario de Fagal
Destaca que Galicia segue a ser a única comunidade autónoma cunha rede de centros públicos especializados na atención a persoas con esta doenza
A directora xeral de Xuventude asiste ao XIX Encontro de Voluntariado, Persoas xordocegas e Persoas xordas en risco de exclusión
Os participantes nestas xornadas organizadas por FAXPG desfrutan de actividades náuticas e de equitación adaptadas grazas ao acompañamento de voluntarios
A Xunta estenderá o Carné Xove os mozos da Galicia exterior antes de que remate o ano
Poderán acceder aos descontos aos que dá dereito esta credencial en todo o territorio nacional e nos 40 países que están adheridos ao programa Carné Xove Europeo
A Xunta destaca en Madrid o éxito do Xuventude Mentoring, que facilita o tránsito do ámbito académico ao laboral
Nestes momentos está aberta a cuarta edición do programa que acumula xa preto de 430 participantes de 18 a 30 anos, dos cales ao redor da metade conseguiron un emprego
Xunta e Concello estrean as novas instalacións da escola infantil pública de Muxía
Iniciase o novo curso tras rematar o traslado do centro ao seu novo emprazamento no edificio de usos múltiples de titularidade municipal
Un grupo de usuarios de centros de atención á discapacidade da Xunta saen a navegar da man do Monte Real Club de iates de Baiona
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo hoxe cos participantes nesta actividade, procedentes dos CAPD da Coruña e Redondela
A Xunta rexeita “de forma taxativa e contundente” as falsas acusacións sobre filtracións nas visitas de inspección
Defende a confidencialidade da programación das visitas á que soamente ten acceso o persoal inspector e funcionarios de carreira
A Xunta atendeu a máis de 50.000 persoas maiores a través do programa de Coidados porta a porta
A través deste programa os veciños de máis idade reciben atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
A Xunta volve poñer en marcha a orde de axudas para a construción e ampliación de escolas infantís municipais
A nova convocatoria, que se publica mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), está dotada con 34 millóns de euros