Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.210 novas da C. de Política Social e Igualdade:

09/11/2023 | 10:44 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García aborda co alcalde de Ponteceso a mellora dos servizos de atención ás persoas maiores

Estudiouse a posibilidade de dotar á localidade dunha ou dúas casas do maior, servizos de atención diúrna gratuítos nos que os maiores reciben coidados personalizados e que son financiados pola Xunta

08/11/2023 | 18:12 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o apoio e atención do goberno galego ás persoas maiores con máis orzamento, prazas residencias e axudas para os coidados

Apuntou que nos últimos anos se triplicaron as prazas residenciais sostidas con fondos públicos e que nestes momentos están en construción novos centros en Antas de Ulla e Ribeira, ademais dos que entregará chave en man a Fundación Amancio Ortega nas sete cidades galegas

08/11/2023 | 17:49 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García manifesta a súa perplexidade pola xestión que está a facer o Goberno central da crise migratoria

Criticou que, aínda a día de hoxe, o Executivo central segue sen trasladar a información completa sobre as necesidades destas persoas

08/11/2023 | 17:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia os traballos de renovación completa das fachadas da escola infantil pública de Oroso

O Executivo autonómico financia esta actuación, que ten un custe de case 22.000 euros.

08/11/2023 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía as prazas de 0 a 3 anos en Chandrexa de Queixa coa apertura dunha casa niño

O orzamento de 2024 contempla outros 3 millóns de euros para seguir ampliando esta rede pública de recursos de conciliación en concellos que non teñen escolas infantís

08/11/2023 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na presentación dunha guía de atención ao cliente para persoas xordas elaborada por Eroski-Vegalsa e Faxpg

Destaca a importancia deste tipo de iniciativas para avanzar nunha comunicación sen barreiras e tender pontes

07/11/2023 | 15:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede o primeiro premio do programa Xuventude Crea na especialidade de teatro ao grupo vigués ‘As Guapilongas’ pola obra Prázdno

En segundo lugar quedou ‘Sarabia Teatro’ de Arteixo con Diario dun tolo e o lucense ‘Teatro D´o Carón’ foi o terceiro coa peza Ao fin, Hamlet