Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

20/06/2023 | 13:38 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polo sector aceiteiro en Galicia e salienta a calidade das variedades autóctonas

José Balseiros participou esta mañá en Sanxenxo nunha cata e degustación de aceites de oliva virxe extra (AOVE), na que destacou a calidade dos aceites galegos e apostou polo traballo das empresas participantes para que continúen elaborando produtos de calidade

19/06/2023 | 12:03 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte un curso para a formación de asesores sobre a mellora xenética animal

Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co fin de ofrecer unha mellor atención á cidadanía

19/06/2023 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta é premiada coa medalla da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos ao mérito en alimentación animal polo seu labor neste eido

En concreto, o veterinario da Consellería do Medio Rural Juan Gómez Apesteguía foi galardoado polo seu labor a prol da seguridade alimentaria e velando pola calidade dos produtos de alimentación para animais

18/06/2023 | 17:11 | C. do Medio Rural

A Xunta organizou esta semana un curso sobre mellora reprodutiva e inseminación artificial en gando vacún no seu centro de formación de Sergude

O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu a estas xornadas, nas que se puxo en valor o papel fundamental que xoga a eficiencia reprodutiva na rendibilidade das explotacións bovinas

18/06/2023 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma a súa aposta pola transferencia de coñecementos ao agro no marco das políticas europeas

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou no seminario europeo de Coñecemento Agrario e Sistemas de Innovación (AKIS) que se celebrou en Lituania

17/06/2023 | 20:12 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma a súa aposta pola xestión forestal activa a prol dun monte ordenado, multifuncional e sustentable

O director xeral de Planificación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe na presentación da Asociación de propietarios forestais A Croa de Camariñas

17/06/2023 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a cría de porco celta en ecolóxico na aldea modelo de Moreda en Folgoso do Courel

Esta iniciativa é un exemplo clave da dinamización do rural e anticipación aos lumes forestais mediante o aproveitamento de recursos e a gandaría en extensivo, dentro do marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

16/06/2023 | 18:02 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a súa oferta formativa para o rural galego cunha xornada de portas abertas no centro de Sergude

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta tarde na iniciativa, centrada especialmente na difusión e promoción do ciclo de grao medio de Produción Agroecolóxica, un dos que se imparte nestas instalacións
 

16/06/2023 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Bono Activa Rural do programa Leader como forma de fomentar o emprego no rural

Inés Santé explicou esta e outras novidades do novo Programa Leader 2023-2027, salientando que para este novo período os grupos de desenvolvemento rural contaron cunha axuda de 35.000 euros cada un para a elaboración da súa estratexia
 

16/06/2023 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural