Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

22/06/2023 | 17:17 | C. do Medio Rural

A Xunta recomenda o uso dos tratamentos fitosanitarios para a prevención da flavescencia dourada da vide ante o aumento das temperaturas

A Consellería do Medio Rural recomenda a realización de tratamentos insecticidas e ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados

22/06/2023 | 15:53 | C. do Medio Rural

O veterinario da Xunta Juan Gómez Apesteguía recibe a medalla da Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos

Foi galardoado polo seu labor a prol da seguridade alimentaria e velando pola calidade dos produtos de alimentación para animais

22/06/2023 | 15:41 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso a prol do sector forestal e do fomento da construción en madeira

Jacobo Aboal puxo en valor as axudas para promover o uso da madeira como elemento estrutural na construción e para apoiar actividades formativas e de divulgación que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia

22/06/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a mellora na investigación e a resilencia fronte aos lumes forestais cun taller con expertos no CIF de Lourizán

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán reuniu varios expertos para tratar a mellora na xestión dos incendios forestais dentro do proxecto ENFIRES-NW, no que colaboran investigadores da Xunta e varias universidades, entre outros

21/06/2023 | 15:10 | C. do Medio Rural

A Xunta alleou 78 lotes de madeira por 6,1 millóns de euros na poxa pública electrónica de madeira que se celebrou en Lugo

Os importes acadados na poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores poxas, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións

21/06/2023 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta crea unha unidade especializada en grandes lumes e amplía e mellora o dispositivo de loita contra os incendios forestais

Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos

20/06/2023 | 18:36 | C. do Medio Rural

A Xunta participa en Portugal nun seminario sobre bioeconomía forestal, tecnoloxías, mercados e políticas

José Luis Chan moderou a mesa redonda “Mercados emerxentes: secuestro de carbono, servizos ecosistémicos e xestión forestal”

20/06/2023 | 18:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello coruñés de Vimianzo

O lume afectou 0,6 hectáreas de superficie debido aos impactos dunha rozadoira de cadeas nunhas pedras que xeraron chispas e deron lugar ao inicio do incendio