Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 3 millóns de euros en axudas para modernizar as explotacións especializadas en produción vexetal
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de achegas da Consellería do Medio Rural, coa que se pretende apoiar os investimentos en cultivos destinados á alimentación humana e á produción de plantas ornamentais e de flor cortada
A Xunta reafirma o seu apoio ao viño galego mediante unha estratexia específica, diferentes liñas de axudas e medidas legais de impulso a este eido clave no rural
José González salientou a calidade e proxección dos viños galegos en xeral e dos da denominación de orixe Rías Baixas en particular e felicitou os viticultores, adegueiros e responsables do Consello Regulador “por manter o pulo destes viños, ano tras ano”
A Xunta aumenta o orzamento das axudas para investimentos en tecnoloxías e maquinarias forestais ata chegar aos 14,1 M€
O DOG publica hoxe esta resolución, que se enmarca na Axenda de impulso da industria forestal-madeira e que permitirá incrementar as empresas beneficiarias das axudas en investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos
A Xunta apoia 70 proxectos en actividades non agrícolas no medio rural cunha axuda total de 2,6 millóns de euros
Estas achegas están orientadas á ampliación e/ou modernización de empresas mediante a adquisición de maquinaria e equipamento, así como á posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo
Rueda destaca que a restauración do Pazo de Lourizán promoverá o rexurdimento dun complexo cun amplo valor histórico e ambiental
Resaltou que o obxectivo é impulsar este recinto desde o punto de vista cultural, académico, paisaxístico e turístico
A Xunta destina 1,7 M€ para a promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras destas axudas, destinadas a empresas, organizacións e asociacións de produtores
Un total de 30 patrullas do exército súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes do lume
José González destacou que este operativo ten como obxectivo que a presenza de medios militares contribúa a atallar lumes e condutas incendiarias
A Xunta e o Estado colaborarán para actualizar o catastro no marco das posibilidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A actualización do Catastro é unha competencia exclusiva do Estado, pero na cal Galicia quere colaborar, ao abeiro do establecido na Lei de recuperación
Un total de 16 consellos reguladores agroalimentarios beneficiaranse das axudas para programas de calidade por importe total de 340.000 euros
Estas axudas permiten a estas entidades manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control da orixe e da calidade dos produtos que certifican
A Xunta destaca que Galicia é un destino europeo de referencia na formación de mozos que se incorporan ao sector primario
José González puxo en valor a intensa actividade formativa, tanto en materia de ensinanza regrada como non regrada, no ámbito agropecuario e forestal