Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma a súa aposta pola industria forestal-madeira e prevé que este sector acade o seu récord de facturación no 2022
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria salientou que a oferta formativa de Medio Rural increméntase ano a ano e, no que atinxe ao ensino regrado, supón un total de 328 prazas no presente curso académico, cunha suba do 9 % sobre o anterior
A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para impulsar o desenvolvemento rural e a integración social no agro
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou as instalacións de Amicos, asociación sen ánimo de lucro dedicada á atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias
A nova Lei de Calidade Alimentaria garantirá a excelencia dos produtos galegos e mellorará a súa competitividade no mercado
Rueda destaca que converterá a Galicia na primeira comunidade cunha certificación de sustentabilidade para a produción, coa que acreditará que se respectou o medio ambiente, os dereitos dos traballadores e se pagou a materia prima a un prezo axeitado
A Xunta suma a empresa Maruxas de Nata ás 80 empresas adheridas ao selo de calidade de Artesanía Alimentaria
Este distintivo de calidade diferenciada garante que as producións contan cunha elaboración tradicional e unha presentación coidada, acorde coa súa condición de produtos que pretenden situarse entre os da gama gourmet
A Xunta estuda a implantación da primeira fase dun novo polígono agroforestal no concello ourensán da Peroxa
José González reuniuse esta mañá con veciños deste municipio para abordar esta cuestión e resolver as súas dúbidas
A Xunta inicia o procedemento de investigación da titularidade de inmobles nas aldeas modelo dos concellos de Sober, Taboadela e Cualedro
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
A Comisión Europea considera as aldeas modelo da Xunta de Galicia un exemplo de innovación social en comunidades rurais
Catalógase deste xeito pola súa contribución á prevención de incendios forestais e á dinamización poboacional dos núcleos nos que se atopan
A Xunta destinará 300.000 euros a unha campaña de promoción do consumo da Indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia
José González anunciou que esta iniciativa de promoción porase en marcha proximamente, tras a recollida do produto
Reafirmou o compromiso da Xunta co cultivo de pataca nesta bisbarra ourensá e tamén coa propia comarca