Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural enxalza a importancia do distintivo Artesanía Alimentaria, que xa aúna a 103 empresas e 116 produtores
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo hoxe entrega da Carta Artesá á empresa Lenatt Food, que elabora cremas artesanais de froitos secos
A Xunta detecta un caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Oleiros
Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático
María José Gómez destaca as olimpíadas rurais de Friol como elemento de dinamización social
A conselleira do Medio Rural salientou a variedade de actividades e xogos tradicionais que se recuperan nas primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia, así como a importancia destas para atraer poboación máis nova ou interesada na celebración á zona en época estival
A Xunta reafirma a súa aposta pola calidade, a innovación e a remuda xeracional no rural e pon como exemplo destes valores a granxa Campomayor
María José Gómez puxo en valor que esta empresa é o principal produtor de ovos de galiña en gaiola de Galicia
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa
Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 6 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 5 foron de monte arborado e 1 de raso
Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa
O lume iniciouse ás 17,43 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa
O lume iniciouse ás 17,43 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta arredor de 1 hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
A Xunta sitúa o sector agroalimentario como unha das potencias económicas da nosa comunidade na entrega dos X Premios Galicia Alimentación
María José Gómez vinculou a alimentación coa identidade propia dos galegos e sinalou que nela “conflúen moitos dos trazos que nos identifican dentro e fóra das nosas fronteiras”
A Xunta reúne por primeira vez a expertos internacionais nunhas xornadas sobre o control e diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR)
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participaron na inauguración do evento