Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.444 novas da C. do Medio Rural:

12/10/2023 | 15:20 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo para participar na Cata de Queixos e Meles de Galicia deste 2023

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria promove esta degustación, que terá lugar do 15 ao 17 de novembro

12/10/2023 | 12:53 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva

Segundo as últimas medicións, o lume afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas

12/10/2023 | 12:00 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

11/10/2023 | 18:37 | C. do Medio Rural

A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina do concello lugués de Xermade

As principais medidas de prevención para esta enfermidade, que continúa a súa expansión por todo o territorio da Península, consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

11/10/2023 | 17:08 | C. do Medio Rural

A Xunta colabora na celebración da II Festa da Vendima de Monterrei para poñer en valor os viños da comarca

Terá lugar o vindeiro sábado 14 e está promovida polo Concello e o Consello Regulador da Denominación de Orixe

11/10/2023 | 16:10 | C. do Medio Rural; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza a terceira edición de Alma Rural para poñer en valor a contribución do colectivo feminino ao desenvolvemento do agro galego

O evento, promovido pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, celebrarase este sábado no pazo de Xerlís, no concello pontevedrés da Estrada, na véspera do Día internacional das mulleres rurais

10/10/2023 | 14:23 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia de garantir, a partir de 2024, que unha porcentaxe das novas edificacións impulsadas polo goberno autonómico incorporen madeira na súa estrutura

José González resaltou a relevancia desta iniciativa do goberno autonómico, que contará cunha guía para axudar ás administracións públicas a incluír criterios e cláusulas medioambientais que fomenten o uso da madeira nos pregos de licitación

10/10/2023 | 14:01 | C. do Medio Rural

A Xunta lidera un proxecto europeo que busca reducir o impacto do cambio climático en zonas rurais especialmente sensibles ao reto demográfico

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é o socio principal de Down to Earth, unha iniciativa na que participan outros seis países europeos

09/10/2023 | 19:34 | C. do Medio Rural

A Xunta xestiona máis de 160.000 hectáreas de monte coa certificación forestal sostible de PEFC

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse esta tarde coa directora xeral de PEFC España, Ana Belén Noriega

09/10/2023 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que os Rías Baixas están entre os mellores viños brancos do mundo

José González amosou a súa gratitude aos 5.000 viticultores e 179 adegas que conforman esta denominación de orixe e que “fan posible que Rías Baixas sexa coñecida e recoñecida pola produción de viño de calidade”