Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza o seu compromiso co sector forestal con axudas para a construción en madeira e coa reserva dun mínimo de edificios públicos con este material no 2024
José González anunciou ademais unha dotación de 11 millóns de euros en axudas para investimentos en tecnoloxías forestais para seguir afondando na competitividade deste eido produtivo
A Xunta convoca axudas para organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización das súas actividades
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
A Xunta declara un novo foco de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica nunha explotación bovina do concello coruñés de Mesía
As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade
A Xunta define a estabilidade dos prezos do leite como esencial para garantir a sustentabilidade do sector e garantir a remuda xeracional no agro galego
José González apelou á responsabilidade da industria e trasladou unha mensaxe clave aos principais compradores de leite galego: “A continua baixada nos prezos empurraría aos produtores a unha situación de perdas inasumible”
A Xunta de Galicia pon en marcha un novo sistema informático para a tramitación das actas de inspección e denuncia dos axentes facultativos medioambientais
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal abriu a xornada formativa que contou coa asistencia de 325 axentes
A Xunta destina 16,5 millóns de euros en axudas para o desenvolvemento do tecido industrial do sector forestal
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de dúas liñas de axuda convocadas pola Axencia Galega de Industria Forestal para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización dos produtos forestais; e para a valorización e segunda transformación da industria forestal galega e do contract
A Xunta promociona a excelencia dos viños galegos en Madrid e sitúa á nosa comunidade como referente enoturístico
José González puxo en valor a longa traxectoria das Catas de Galicia, que levan 35 edicións impulsadas polo Goberno autonómico para recoñecer e premiar o bo facer dos produtores e adegas da nosa terra
A Xunta reactiva mañá as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas de particulares
A partir de mañá, os interesados deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras