Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural impulsará o Banco de Xermoplasma do centro de investigacións agrarias de Mabegondo para consolidar a súa posición de referencia
Así o trasladou hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento
A Xunta destaca que o programa de desenvolvemento rural de Galicia acada xa unha execución financeira de máis do 83 % do seu importe total
María José Gómez avanzou que precisamente mañá terá lugar en Curtis a reunión do comité de seguimento do PDR de Galicia, que -salientou- está supoñendo, en conxunto, a mobilización duns 1.600 millóns de euros de gasto público total na nosa comunidade
A Xunta informa da obriga de aplicar tratamentos insecticidas para a loita contra o vector da flavescencia dourada da vide nas comarcas de Celanova e O Ribeiro
A Consellería do Medio Rural emitiu un aviso fitosanitario sobre a obriga de realizar tratamentos insecticidas e ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados
Medio Rural destina máis de 4 M€ en axudas para a adquisición de maquinaria agrícola en común
Con estas subvencións, cuxa convocatoria se publica hoxe en DOG, a Xunta de Galicia potencia o asociacionismo e a mellora da eficiencia tecnolóxica e económica das explotacións agrarias
A Consellería do Medio Rural promove o emprego das tic na gandaría ecolóxica a través da aplicación Tractus
Balseiros mencionou a importancia da tecnoloxía para facilitar o traballo dos gandeiros e, ao mesmo tempo, mellorar a eficiencia das explotacións
O DOG publica a resolución das axudas, por un importe próximo aos 12 M€, a produtores da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega
O número de animais subvencionados foi de 82.787 e o 62% deles corresponden a Ternera Gallega Suprema, con 200€ por cada un; o resto foi destinado a Ternera Gallega, cun importe unitario por exemplar de 36€
A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
María José Gómez explicou que esta instalación estará orientada cara a investigación e tratará residuos tanto de vacún como de porcino
A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina da comarca veterinaria de Verín
As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade
Belén do Campo participa no reparto de froitas do Fondo Galego de Garantía Agraria no Banco de Alimentos Rías Altas para repartir entre entidades benéficas da Coruña e Santiago
A delegada explicou que nesta quenda distribuiranse 12.000 quilos de paraguaia, platerina e melocotón procedentes da rexión de Murcia e 3.600 quilos de nectarina procedentes do Goberno de Navarra